Javier Vivirido volve falarnos do noso peculiar xeito de podar.
O primeiro artigo sobre a poda tipo Amandi podédelo ver aquí.
Se
lembrades, o ano pasado falamos dun tipo de poda diferente,
característica da ribeira do Sil, tanto da subzona de Amandi coma da
ribeira de enfronte, Barxacoba, Sacardebois (Concello de Parada de
Sil), Cristosende (A Teixeira), por citar algunhas. Despois de falar
desta poda, viticultores de outros concellos e subzonas faláronme
que tamén se facían por alí hai anos. En concreto, en Vilachá do
Salvadur, Abeleda e ribeira de Alais. Esto indica claramente os
numerosos contactos, a pesares de que o río Sil facía ás veces de
barreira entre estas dúas ribeiras. Queda claro a gran labor de
comunicación que fixeron os barqueiros, tanto de Gudín, como
Portabrosmos. Dou por suposto que os “caldelaos” aprenderon
como non... dos de Amandi.
Poda en vaso. |
Poda tipo Amandi. |
Anteriormente,
falamos que este tipo de poda era una variante da poda en vaso, no
que se deixaba unha vara nun brazo da cepa. E, como curiosidade, que se
deixaba a vara antes que o cotón, ao revés da variante francesa
“guyot”.
Poda "Amandi" |
Tamén era
preciso, “rotar” cada ano o brazo no que se deixa esa vara. Desta
maneira non debilitamos unha parte da cepa en concreto. Así,
redistribuímos a savia e vigorizamos o brazo que leva esa vara.
Detalle poda "Amandi" tradicional. |
Ademais
destas peculiaridades, neste tipo de poda había unha variante na cal
os viticultores non ataban a vara nunha estaca. Simplemente, collían
a punta da vara sen despuntar e a metían dentro da parede da mura
cunha barra. Na fotografía seguinte, pódese ver como mete a vara
cun pao de ferro co fin de levantar a pedra para que a aprete. É
máis, había viticultores que deixaban o pao de ferro todo o ano
na viña, xa que era una ferramenta imprescindible na ata.
Neste
método non importaba o número de ollos ou xemas que se deixaban.
Collíase toda a vara co único requisito de retorcela cara fóra.
Metían a vara cos gromos dentro da parede-mura deixando que secaran
polo afogamento da vara pola pedra, e pola falta de luz. A vara neste
sistema podía levar ata 20 ollos. Esta claro que só se pode facer
en determinadas cepas vigorosas.
Pero
algúns despuntaban deixando de 9 a 12 ollos. O lóxico era cortar
polo menos 3 ollos da punta.
Este
método tiña explicación racional para quen o practicaba; mesmo
había ditos sobre este sistema. Algún son os seguintes:
- “A savia
ten que tirar para adentro da cepa, como se abrazara ó podador”
(Benigno d’As Pozas).
- Atando e
podando desta maneira “a savia ten que volver á cepa, volve á
viña. Circula cara dentro. Así envolves á cepa” (Benigmo d’As
Pozas).
- “A vara
do viño ten que mirar para o río” (Mariano do Neto de Vilachá do
Salvadur).
As
ventaxas deste tipo de formación é que os os gromos están
orientados ao sul, onde o sol incide directamente, favorecendo a
floración e o callado dos froitos.
Tamén na
maduración o calor absorbido polas pedras é devolto aos racimos
que están máis preto da mura, acelerando a maduración dos mesmos.
Asimesmo, hai unha mellor distribución da ramaxe, incrementando a
superficie foliar. Pódense ver todas estas vantaxes nas fotografías
seguintes.
Todas
estas fotos foron tiradas na subzona de Amandi, no lugar de Pena
Escura, na zona de Coio Branco.
Toda esta
sabedoría popular que vos describín, foi transmitida por un bo
amigo dun amigo. Un dos derradeiros ribeiraos tradicionais. Este
amigo segue podando, como lle dixo Benigno d’As Pozas. Segue e
seguirá sendo un dos “últimos Mohicanos”.
Benigno d'As Pozas e o "Chulo". |
Sem comentários:
Enviar um comentário