XIº Encontro á Luz da Lúa
Este ano 2017, o Colado do Vento celebraremos o XIº Encontro á Luz da Lúa.
Desta volta, a cita terá lugar en tres localizacións do entorno do lugar de Paradela, parroquia de Santiorxo.
A hora de quedade é as 22h.
A data, o venres, 4 de agosto.
O plan, desfrutar de música, poesía e boa compaña en tres localizacións alumeadas polo luar.
Contaremos coa amenización musical das Tanxugueiras e co poeta Paco Ledo de Chantada, ademais do que cada quen estimedes compartir.
Xº Encontro á Luz da Lúa en Cadeiras
O vindeiro sábado, 23 de xullo, pola noite, a Asociación Cultural O Colado do
Vento celebraremos o Xº Encontro á Luz da Lúa.
Será no entorno de Cadeiras, parroquia de Pinol, no campo da festa, a carón do
santuario.
Coma sempre, será unha velada na que teremos actuacións musicais e na que
convidamos ás persoas asistentes a participar (recitando, contando, cantando...
cada persoa o que desexe expresar).
Ademais do que cada quen aporte á velada, teremos as seguintes actuacións:
- GRUPO DE GAITAS “O CASTRO”
- SARA MÉNDEZ, SAXOFÓN
- CONTACONTOS MUSICADOS, TERESA GRAU
- ANTÓN VALCÁRCEL
- YOAN GRUDIKOV
Teremos uns pinchos previos (dende as 21 horas) para dar comezo á velada en
torno ás 22:15 horas.
Animamos a vir e a participar activamente, ou, simplemente, a escoitar e
desfrutar da noite.
IX encontro á luz da lúa: en Cadeiras o 1 de agosto de 2015
Logo, no entorno do miradoiro e santuario desenvolveranse as actuacións e intervencións das persoas participantes a partir das 11:15 aproximadamente.
VIIº Encontro á luz da lúa - 2013
VIº Encontro á luz da lúa (ano 2012).
Ademais, coma sempre, calquera participante pode ler, recitar, cantar, contar... compartir o que desexe nesta noite de amizade, música e poesía.
FOTOS DO ROTEIRO Á LUZ DA LÚA - 2011
Vº ROTEIRO MÚSICO-POÉTICO Á LUZ DA LÚA
IV ROTEIRO MÚSICO-POÉTICO Á LUZ DA LÚA
III ROTEIRO Á LUZ DA LÚA...
Fomos case medio cento de persoas as que andivemos a noite do 7 de Agosto perdidos por Sober sen ver a lúa polo nubrado que había.
Visitamos a Pena da Virxe en Cadeiras, o Castro das Penas en Arxemil e a Cova da Vella, nos Chancís.
Ademais de poemas de Manuel María e Uxío Novoneyra, a quenes estaba adicado o roteiro, léronse composicións de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Lois Pereiro ou Miguel Hernández, así coma poesía dos propios asistentes.
Para a música, contamos con dous intrumentistas de trompa e tuba, ademáis de membros do grupo O Trícole.
Tamén agradecemos a compaña da poetisa Carmeliña, premio de declamación a nivel estatal, que recitou varios dos poemas.
En breve estará a disposición na web un libriño con todas as fotos do roteiro e textos que se leron.
Un saúdo e obrigad@s pola vosa asistencia!!!
III ROTEIRO Á LUZ DA LÚA

Saída de Cadeiras ás 11 da noite (para tomar uns pinchos ás 9 e media da noite en Cadeiras é preciso anotarse antes do 5 de agosto).
Visitaremos...
- Pena da Virxe de Cadeiras (Pinol).
- Castro de San Marcos (Arxemil).
- Muíño no Xabrega.
- Fervenza dos Chancís.
Haberá música e poesía, ao gusto dos asistentes, que poderán ler os poemas que desexen, contar un conto, explicar algo...
Este ano, adicámolo a Uxío Novoneyra (X cabodano da súa morte) e Manuel María (V cabodano).
CRÓNICAS DA LÚA '08
En cada paraxe, os asistentes, perto de 40 persoas, recitaron poemas e houbo actuacións musicais de membros do Grupo O Trícole, de membros da Banda de Música de Sober e de Xesús Verao, acompañado de guitarra, así como interpretación de cantigas populares entre todos.
O día estivo centrado, espontaneamente, no centenario de Curros Enríquez, ca lectura de poemas seus e a interpretación das cantigas O Maio, Unha noite na eira do trigo e Nocturnio.
Momentos especiais: o inicio musical con Rosiña na Pena do Castelo, a improvisación de O Maio por parte de Óscar, o Alfonso cantando o Rock da Arrinca do Esterco, o Sandoval reclamando os seus dereitos de autor, o Suso e as súas cantigas portuguesas...
Este ano o ambiente que se creou, máis espontáneo, foi diferente do ano pasado, moi íntimo e ben planificado. Ambos os dous se complementan, e ambos foron inesquecibles.
Agardámosvos o ano que vén!
II ROTEIRO Á LUZ DA LÚA

ROTEIRO MÚSICO-POÉTICO Á LUZ DA LÚA
Foi improvisado e ás presas; pero saiu moi ben.Para o ano agardamos repetila anunciándoa con tempo.

















