Plan de actividades do Colado do Vento: ano 2012.

A medida que se achegue o día de cada actividade, xa iremos dando máis detalles. De momento, aquí tedes o plan de actividades deste 2012 coas datas, para que vaiades reservando sitio na axenda.

- Ruta de sendeirismo "O coxo de Bulso" - 25 de marzo, domingo.
Ruta circular, moi sinxela, polas parroquias de Santiorxo, Bulso, Santa Cruz, Lobios e Pinol, coa historia do misterioso personaxe do s. XVIII coma nexo de unión.
* Máis info sobre a ruta (aquí).
- Lonxitude: 12,3 km.
- Desnivel: 153 m.
- Tempo: 260 minutos.
Levaremos coches particulares, con saída dende Sober - para levar os menos coches posibles - e quedada no punto de saída da ruta.

Foto: www.blogoteca.com/vilacha
- Ruta de sendeirismo Vilachá de Salvadur - Augas Mestas - 15 de abril, domingo.
Uns 7 km, de dificultade media-alta.
Iremos en bus ata o punto de saída e recolleranos no punto de chegada. 

Foto do castro de Formigueiros aquí: Manuel Gago.
- Visita ás terras de Samos - 13 de maio, domingo. 
Saída ás 9:15 horas de Sober (praza do Concello) - 9:30 horas de Monforte ("casiñas" da Compañía).
En coches particulares (con anotación previa para organizarse e levar os menos coches posibles).
Mañá: ruta a pé duns 3 km para ver o castro de Formigueiros en Samos, con visita a un campo de mámoas.
Xantar en Samos: cada persoa leva a súa comida, pero quen o desexe ten a posibilidade de xantar nalgún restaurante da vila.
Tarde: visita ao mosteiro de Samos e "capela do ciprés".

Foto: Ergueitos. Fervenza de Augadalte.
 -  Ruta Fiz Vergara Vilariño - 8 de xullo, organizado pola asociación Ergueitos de Sarria.

Mina romana da Toca, O Courel. Foto aquí.
- Visita didáctica sobre a minería romana (I): Courel-Quiroga. Queda postergada, posibelmente para o ano que vén.
En coches particulares. Todo o día.

As Médulas - Foto: aquí.
- Visita didáctica sobre a minería romana (II): As Médulas. 26 de agosto, domingo.
En bus. Todo o día. Saída cedo.

- VI Roteiro á luz da lúa. 3 de agosto, sábado.
Pola noite.

- Xornada práctica: algúns indicios de contaminación nos río. 20 de outubro, sábado [aquí].

- Ruta de sendeirismo "A Proencia das lendas" - 28 de outubro, domingo.
Ruta polo pobo de Proendos, un museo ó aire libre, onde podemos atopar multitude de elementos romanos reutilizados na súa arquitectura tradicional ben conservada. A ruta enlaza os oito puntos de petroglifos coñecidos nesta parroquia e aproveita para sinalar elementos romanos, a igrexa románica, casas grandes, hórreos, pombais e outros puntos de interese que se van atopando polo camiño.
* Máis info sobre Proendos (aquí) e sobre a ruta (aquí).
- Lonxitude: 2,9 km.

Quedan por definir máis: visita a Campolameiro, conferencias varias, ruta románica, visita a Carballedo.

Ibn Marwán

Ibn Marwan, Daniel Méndez

Nova sección: HISTORIA(S) daquí e acolá

Como a sección "país ribeirao" do Colado do Vento se nos quedaba algo restrinxida territorialmente, decidimos crear unha nova sección "Historias daquí e acolá" para colaboracións que traten sobre aspectos non só desta comarca nosa.
Ambas as dúas seccións están abertas a colaboracións.
Animádevos!