Bo Nadal e próspero 2021!

Benqueridas socias e amigas:

A Xunta Directiva da Asociación queremos, en primeiro lugar, mandarvos un saúdo e moitos ánimos neste ano tan raro de pandemia e desexar que no 2021 as cousas vaian mellor.

Con motivo da COVID 19, o Colado do Vento non puidemos desenvolver a nosa ac
tividade normal ao longo deste 2020; tentaremos convocarvos a
asemblea anual cara febreiro de 2021, sempre tendo en conta a evolución da pandemia e as normas que haxa que ter en conta para xuntanzas.

Asemade, pronto teremos un agasallo que facervos ás persoas socias (e para quen non o sodes, tamén). 

Moito ánimo e viva o noso Patrimonio!


Sesión 1ª PREHISTORIA E IDADE ANTIGA (Unidade Didáctica: Coñece o teu Concello)

 

Bifaz do monte de Lobios.

Mámoa do Alto dos Cousos, Doade.

Petróglifo da Paxota.

Petróglifo do Xestal.

Petróglifo do Barcal.

A Roda do Castro de Liñarán.

Ruta nocturna polos petróglifos de Sober con Máis que Románico (agosto de 2020)


O vindeiro día 21 de agosto, venres, o Colado do Vento apuntámonos á ruta nocturna polos petróglifos de Sober con Máis que Románico.

Sairemos ás 21 h, de Sober (diante da Oficina de Turismo).


Ruta guiada con guía especializada.

É imprescindible anotarse antes do martes 18 no número de teléfono 674473695, vía whatsapp.

A asistencia está limitada a 24 persoas (por orde de anotación no teléfono). Será gratis para persoas socias e 4 € por persoa para non socias.

Se se rebasa o número amplamente, faremos outra visita outro día para as persoas que quedaran fóra.

O desprazamento será en coches particulares.

Imprescindible seguir as normas hixiénico-sanitarias en relación á COVID, con máscara, distancia interpersoal e lavado-desinfección de mans.

Charla sobre Prisciliano en Sober (25 xaneiro)

O vindeiro sábado (25 de xaneiro) 👉🏻 Charla en Sober de Aitor Freán Campo 👨🏼‍🏫 Prisciliano e o Priscilianismo: dos feitos históricos á construción do mito.  Ás 19 h na Casa da Cultura de Sober.