O Trícole na revista oral nº 28 do Museo de Lugo (Pazo das Musas) - 29 de decembro

Xoves, 29 de decembro de 2011. Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 20 horas. Lugar: Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación).

SUMARIO - Revista oral nº 28 

Portada musical
Camiña don Sancho (Romance), por O Trícole (3’)

Cruceiros singulares da provincia de Lugo
O Cristo do Fiouco, por Fernando Arribas (10’)

Música
Hei de ir ás segas a Lugo (popular, recollida en Quiroga), por O Trícole (3’)

Expo Munníacos Tour (I)
por Asociación Munníacos de Lugo (8’)

Poesía
Fragmentos de A caída, por Luis Valle (5’)

Música
Cantiga de Pero de Sampil e Pero Bernal (Letra de Xosé Lois García e música de O Trícole), por O Trícole (3’)

Poesía
Fragmentos de Fedor, por Luis Valle (5’)

Música
Para subir a Proendos (popular, recollida en Proendos-Sober), por O Trícole (3’)

Exposición virtual
Entre Marbella e Torremolinos (Imaxes de manicomio), por Xosé Reigosa (10’)

Música
Por entre pastores (popular, recollida en Bolmente e Barantes), por O Trícole (3’)

Poesía
Fragmentos de Caderno do mendigo, por Luis Valle (5’)

Expo Munníacos Tour (II)
por Asociación Munníacos de Lugo (8’)

Música
Os reises do Tabulé (popular), por O Trícole (3’)

Memoria e tradición
Sucedidos do Taboada, por Manuel Álvarez “Quintín” (5’)

Opinión
Intervención do público (5’)

Epílogo
por Antonio Veiga Outeiro, vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo (3’)

Contraportada musical
Turululú (popular, recollida en Bolmente), por O Trícole (3’)

COLABORAN NESTE NÚMERO
Fernando Arribas Arias.- Profesor de EXB e licenciado en Humanidades, traballa como Técnico de Difusión no Museo Provincial de Lugo. Etnógrafo e historiador de cine, leva publicados diversos libros e artigos sobre a sétima arte en Lugo e sobre os cruceiros da Terra Chá. Conferenciante e investigador, actualmente prepara a súa tese de doutoramento sobre os cruceiros galegos. Membro da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo en representación do Consello da Cultura Galega.

Asocación Munnuiacos.- A Asociación Munníacos nace dunha proposta realizada por alumnos de Deseño Gráfico da Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo, con Aska e Jotace como principais organizadores, e a colaboración da tenda lucense Tótem. O obxectivo desta agrupación consiste na customización dun ou varios munny(s) por cada participante, co fin de realizar exposicións colectivas en diferentes espazos comerciais ou salas expositivas, sen ánimo de lucro. Deste xeito, lograríamos mostrar diferentes formas de expresión sobre unha mesma base tridimensional, dando lugar a diferentes técnicas pictóricas, collage, moldeado... e sobre todo, a experimentación. Temos activo o movemento “Únete”, mediante o que calquera persoa pode customizar a súa Munny e sumalo á ExpoTour, póndose en contacto connosco na seguinte dirección: munniacos@gmail.com

Xosé Reigosa Piñeiroa.- Nace en San Cosme de Barreiros. Vive en Lugo dende 1981. Aos 25 anos tomou contacto coa fotografía a través dun libro que lle prestou un amigo. É totalmente autodidacta, aínda que asistiu a talleres e cursos con fotógrafos importantes sempre que tivo ocasión. Realizou arredor de 50 exposicións entre individuais e colectivas. Acadou algún premios en concursos fotográficos, pero dende hai moitos anos non participa en ningún. Colaborou en varias publicación. Gústalle tratar os temas onde interveña o ser humano: retrato, nu, escenificacións, etc. Imparte cursiños, talleres e charlas sobre tema fotográfico. Actualmente o seu traballo “A Muralla cohabitada” despois dun ano inda permanece colgada nas oficinas do Concello (Seminario Menor) e proximamente vai ser publicada en formato libro. No corrente ano tamén expuxo simultaneamente en tres salas de Bos Aires (Arxentina) e o próximo 9 de xaneiro inaugúrase en Montevideo unha mostra con obras súas pertencente o proxecto “Universos cohabitados nos camiños de Santiago”, algunha en gran tamaño (2x3 metros). Unha obra súa tamén forma parte da mostra “Andante” organizada por Ramón Alvarez e que recorre varios espazos de Galiza. O seu último traballo “Entre Marbella e Torremolinos (Imaxes de manicomio)”, que se compón de 30 fotografías e un documental de 30 minutos pode verse ata o remate de Febreiro na sala da Deputación. Algunha publicación: Catro x Vinte. Catro Autores (1988), 40 anos de fotografía en Lugo (1998), Portadas da publicación mensual “Entremuros” da que se editaron 43 números (2001/2005), Catálogo da exposición, 12345 (2010) e Guía de Arquitectura de Lugo (2011).

Luis Valle.- Lugo, 1977. Escritor, pintor, investigador e xestor cultural. Licenciado en Humanidades, Diploma de Estudos Avanzados en Literatura Española, Posgraduado en Xestión Cultural, Especialista Universitario en Dirección de Empresas Evolucionadas, Máster en Técnicas de Xestión Integral do Patrimonio Cultural e Especialista Universitario en Xestión e Políticas Culturalis por distintas institucións educativas como a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidad de Valladolid, a Universitat Oberta de Catalunya e o Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Actualmente, cursa un Máster en Dirección Comercial e Marketing (MCM) na Escuela Europea de Dirección y Empresa (EUDE). Por outra parte, é autor ou coautor duns veinte libros. Colaborou con publicacións nacionais e internacionais de distintos ámbitos e escribiu algo máis de cen textos sobre temas varios: investigación feminista, historia das mulleres, arquitectura e urbanismo, xestión do patrimonio, crítica de cine, arte contemporáneo, teoría da literatura (poética e hermenéutica), ciencias da educación, etc. Dirixiu dúas publicacións "Evohé, Revista cultural do campus lucense" e "65+. Revista dos maiores do Concello de Lugo". Como pintor, realizou catro exposicións individuais e algunha máis colectiva e conta con obra en Portugal e Alemaña. Na súa faceta poética -quizá a que máis ama-, publicou Zigurat (Jano, Jethro en Irán, Poemas para el silencio e Inacabado), Epitafio y corona para Manuel Quiroga, A caída (VII Premio Caixanova) e Fedor (XXIII Premio Eusebio Lorenzo Baleirón). En datas próximas sairá na Editorial Barbantesa o seu último poemario, Caderno do mendigo.

O Trícole.- O grupo de música tradicional “O TRÍCOLE” creouse en 1997, a partir do grupo de iniciación á música para adultos da Escola de Música de Sober, sendo o seu obxectivo principal a recolleita da Tradición Oral de todo tipo e a divulgación deste Patrimonio. Nestes máis de dez anos de andaina, “O TRÍCOLE” estivo presente en numerosos actos da comarca de Lemos, así como en outros puntos de Galicia e de Asturias. O repertorio do grupo está composto por cantigas populares recollidas na zona, obras de autor e creacións propias. Música da que se ofrece unha mostra no traballo discográfico editado en 2002 “Os sapos do Inchaín”. No eido da recuperación do Patrimonio Inmaterial, “O TRÍCOLE” publicou dous libriños de escolma de lendas, contos e outras tradicións orais de Sober, en colaboración ca asociación O COLADO DO VENTO, tamén de Sober. Ademais, ten recopiladas máis dun cento de lendas de Sober e, nos últimos anos, revitalizou o costume de ir cantar os reis e da creación de coplas satíricas no Entroido.

NOTA MOI IMPORTANTE

Excepcionalmente, este número da revista vaise desenvolver na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, situada no edificio da Deputación Provincial, R/ San Marcos s/n

28-D Presentación dun taller de narración para 2012

O 28 de decembro, a socia do Colado do Vento, Teresa Grau, contacontos profesional, ofrece unha presentación público do obradoiro de narración que impartirá no ano 2012 en Sober.
Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Sober.