Sober, maio de 2009.
O 31 de maio, imos de camiñata pola ribeira de Amandi, nun percorrido que discorre a carón do Sil polas parroquias soberinas de Doade, Amandi e Pinol; 8 quilómetros con inicio en Souto Chao e remate en Cadeiras, onde xantaremos.
Os elementos de interese deste roteiro son a beleza da natureza, a cultura do viño que se manifesta na propia paisaxe, os cinco castros que dominan o percorrido, os petroglifos de Sampil, as evidencias de época romana ou as mil e unha historias desta humanizada ribeira que, segundo contou o Constante de Portabrosmos, foi poboada polos ibios, homes grandes e fortes que subiron polo río.
Un saúdo.
O COLADO DO VENTO.
* Máis información aquí.