Visita ao románico de Chantada da Asociación Santa Mariña de Augas Santas de Allariz

Pesqueiras.
A Asociación Santa Mariña de Augas Santas de Allariz visitará o románico chantadino o vindeiro sábado, día 5, da man de Xosé Lois García.
A quedada foi ás 16 h diante da igrexa nova de Chantada.
Visitarán San Salvador de Asma, Santa María de Pesqueiras e Santa María de Nogueira de Miño.


Presentación de Territorios estraños en Sober co autor: Ramón Sandoval



Presentación de Territorios estraños na Biblioteca Pública de Sober, co Club De Lectura Pintor de Castinande.

Hoxe, mércores 26 de marzo, as 19:00 h na Biblioteca de Sober, co autor Ramón Sandoval

Fará a presentación Paula Vázquez Verao e actuarán Os Parentes

Para non o perder!

A horta volve de novo en 2014: inicio dos traballos e chamamento a novo alumnado.


A horta comunal de boas prácticas do Colado do Vento volve esta primavera.
Este sábado, 22 de marzo, comeza a nova tempada da nosa horta.
Primeiro, acudirá a equipa que levou a horta o ano pasado, para acondicionala.

Ademais, dende o grupo que se encargou en 2013 do coidado da horta, fan un chamamento a novo alumnado. Toda a xente interesada en coñecer o xeito de cultivar hortas familiares tradicionais con bancal profundo e boas prácticas pode poñerse en contacto connosco en coladodovento@gmail.com para participar a partir do 1 de abril.


Presentación de Simboloxía do Románico de Pantón, de Xosé Lois García.


Ruta de sendeirismo: Diomondi - Pedro de Cela - Santo Estevo do Miño


O domingo, 16 de marzo, faremos unha ruta de sendeirismo que sigue o curso da [PR-G 162] e que ten como fitos principais a igrexa de Diomondi, os sartegos antropomorfos de San Pedro de Cela e a igrexa de Santo Estevo, así como fermosas vistas sobre a ribeira do Miño.

Quedada (en coches particulares): 

- Sober - 9:30 h (praza do Concello).
- Monforte - 9:30 h (praza da Compañía, saída do aparcadoiro do parque dos Condes).

Saída da ruta: 10:00 h - Diomondi (previamente, deixarase algún coche en Santo Estevo).
Chegada: aprox. 13:00 h - Santo Estevo do Miño.

Ao remate, é posíbel que poidamos visitar un taller de restauración en Pesqueiras.

Que traer? Roupa e calzado cómodos, auga e algún tentempé para o camiño.