Tomate aliñado
Este tomate colle o seu mellor sabor preparándoo cos tomates que teñamos gardados conxelados enteiros, que poden usarse de moitos xeitos.
Desconxelados os tomates, sepáranse das súas peles e nun recipiente fondo engádese cebola moi fina, un pouco de allo fileteado moi fino, ourego e aceitunas verdes e negras, sal, vinagre balsámico, un bon aceite e logo esmágase un pouco e déixase repousar.
Con este preparado, podemos:
- engadilo a leitugas e escarolas.
- quentalo un pouco sen que coza e usalo para acompañar pasta, engadindo queixo tamén, ao estilo napolitano.
- para pizzas (sen aceitunas); engadíndolle posciutto xa temos unha auténtica Margarita.
- engadíndolle ovo cocido e atún, como salsa con macarróns ou para cuscús en ensalada fría.
- para untar no pan.
Crema de cabaza e cabaciño
Algo un pouco máis interesante cá unha crema de cabaza.
O simple puré de cabaza, podemos facelo deste xeito, con estes ingredientes:
- cebola, un pouco pochada en aceite.
- un pouco de cabaciño.
- cenouras
- unha ou dúas patacas
- unha pizca de paprika en pó
- en lugar da auga, pode engadírselle caldo de polo ou de galiña feito na casa
Cócese e bátese todo ben e, no momento de ir á mesa, acompáñase cunha mixtura de pipas de cabaza e sésamo douradas no sartén, o cal se pode poñer nunha cunca.
Tamén se pode sobre o puré servido no prato, botar as pipas en círculos concéntricos e rodealos cun chorriño de aceite de oliva virxe.
Tarta de cabaza
Ingredientes:
Elaboración:
Pasta de hoxaldre
800
gr. de cabaza cocida e ben escorrida
125 gr. de fariña
1
sobre "royal"
325
gr. de azucre
3 ovos
2
sobres de "flan el niño" (non leva azucre)
1 culleradiña de café de canela
4 culleradas sopeiras de aceite de xirasol
Elaboración:
Ferver a cabaza uns 20 minutos, esmagar co garfo e escorrer (deixala toda unha tarde ou mellor toda unha noite nun coador).
Poñer nun molde redondo de 32 cm de diámetro a pasta de hoxaldre e pinchar cun garfo.
Nun recipiente, poñer todos os ingredientes: cabaza, fariña, royal, azucre, ovos, flan, canela e aceite.
Mixturar todo coas variñas.
Co forno xa previamente quente, verter a preparación no molde e enfornar; deixar 25 minutos. Baixarlle lume ao forno e deixar 20 minutos máis.
Co forno xa previamente quente, verter a preparación no molde e enfornar; deixar 25 minutos. Baixarlle lume ao forno e deixar 20 minutos máis.
Sacar e espolvorear azúcar glass e canela ao gusto.
Cabelo de anxo
A cabaza coa que se elabora o cabelo de anxo chámase "cidra”.
Ingredientes:
1
cidra (cabaza)
Azúcar
Limón
(opcional)
Elaboración:
Clavar a cabaza cun coitelo para que ao cocela non estoupe na pota.
Poñela a cocer en auga abundante e medio limón (opcional) durante máis de unha hora; non importa pasarse de tempo.
Sacala da pota, abrila e deixala escorrer.
Sacarlle as frebas con axuda dunha culler e eliminar as sementes.
Pasar as frebas por auga e deixar escorrer de novo.
Poñer unha pota co azucre que lle corresponda (medio kg de azúcar por cada kg de frebas de cabaza ou máis para maior dozura).
Engadir as frebas de cabaza e remover.
Deixar cocer removendo de cando en vez para que non se queime; agardar a que colla unha cor dourada.
Consérvase uns días no frigorífico e pode conxelarse.
Mermelada de pementos
Ingredientes:
1 kg de pementos
750 gr de azucre
1 pizca de sal
Elaboración:
Picar os pementos moi finamente, a poder ser con picadora, e poñer nunha paelleira ou sartén fonda sen nada (nin auga nin aceite) a lume lento durante 1 hora.
Botarlle unha pizca de sal e o azucre.
Remover ata que o azucre se derrita.
Deixar arrefriar e encher os tarros.
Cocer a baño maría durante 20 minutos.
Ideal para acompañar canapés con queixo de cabra.
Preparando unha camiñata entre Diomondi e Santo Estevo, no Saviñao [PR-G 162]
No Colado do Vento estamos a preparar unha camiñata entre Diomondi e Santo Estevo, un treito da ruta impulsada pola Asociación Veciñal do Saviñao.
Deixamos unhas fotos. Farémola este inverno.
Vista do castro de San Fiz. |
San Pedro de Cela. |
Vista dende Cela. |
San Paio de Diomondi. |
Quinta xornada de outono na horta: framboesas, lentellas, tirabeques...
Mañá, sábado 30 de novembro, temos a nosa Vª xornada deste outono na nosa horta comunal e de boas prácticas.
Mañá, é momento de raíz das 12 ás 13 h. Non é o ideal para o que imos facer, pero hai unha lúa favorable para a sementeira.
Plantaremos tirabeques, guisantes, framboesas e lentellas.
A ilustración é de Mar Sabater, guía da nosa horta comunal.
Presentación do libro: Crónicas históricas de la villa de Monforte
O novo e documentado traballo de José María Lago Bornstein preséntase este venres, día 25 de outubro, na libraría Agrasar de Monforte.
Será ás 20 horas.
Tamén se presentará "Ediciones La Rectoral".
Imos coñecer os petróglifos de Campo Lameiro
O domingo, día 22 de setembro, imos ir dende Sober a coñecer os petróglidos de Campo Lameiro, un dos conxuntos máis espectaculares de Europa en canto a arte rupestre.
Sairemos ás 9 horas da praza do Concello de Sober (8:50 h na praza da Compañía en Monforte) e iremos en bus, polo que cómpre anotarse previamente, antes do xoves, día 19.
Podedes anotarvos en: coladodovento@gmail.com / 636129233 / rosanaguia@yahoo.es
Visitaremos o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre.
Prezos:
- persoas socias: 10 € (bus + entrada ao parque)
- non socias: 12 € (bus + entrada ao parque)
- obradoiro: 2 € socias / 3 € non socias
- comida por conta de cada quen (a asociación encárgase de xestionar o menú para quen non leve comida).
Imos xantar alí e no parque temos oferta de distintos obradoiros. Na seguinte ligazón podedes consultar os prezos e opcións e así escoller a máis axeitada a vós.
Prezos:
- persoas socias: 10 € (bus + entrada ao parque)
- non socias: 12 € (bus + entrada ao parque)
- obradoiro: 2 € socias / 3 € non socias
- comida por conta de cada quen (a asociación encárgase de xestionar o menú para quen non leve comida).
Imos xantar alí e no parque temos oferta de distintos obradoiros. Na seguinte ligazón podedes consultar os prezos e opcións e así escoller a máis axeitada a vós.
Dende Sober, onde contamos cun conxunto de petróglifos con motivos de círculos concéntricos, sucos e coviñas, parécenos interesante coñecer os gravados de Campo Lameiro, onde tamén atoparemos escenas de animais. En Sober, só temos unha escena de animal, a Pena do Cabalo, pero demasiado abstracto como para encadralo na mesma liña que os animais da arte rupestre galega da Idade do Bronce.
Regresaremos á tardiña, saíndo de Campolameiro sobre as 18:30 / 19:00 horas.
Presentación das actividades do Colado do Vento na Feira do Libro de Monforte
O mércores 21 de agosto, o Colado do Vento participamos na presentación da Feira do Libro de Monforte facendo unha presentación das nosas actividades.
Será ás 21 horas na zona da feira.
* Aquí pode descargarse o programa da feira.
Elaboración de remedios tradicionais
Este sábado, as persoas participantes na horta comunal do Colado do Vento elaboraron remedios tradicionais coas herbas colleitadas e recolectadas na horta e inmediacións.
Fixemos:
- tintura de milenrama
- aceite de hipérico
- crema de caléndula
- tintura de caléndula con follas de frambuesa
Se desexades formar parte da "familia" da horta comunal, podedes anotarvos en coladodovento@gmail.com
Iremos informando sobre as propiedades dos remedios.
VIIº Encontro á luz da lúa - 2013
Atoparémonos no Centro de Interpretación (hoxe bar) dos Chancís, sobre as nove da noite, o sábado, 20 de xullo, para tomar algo e ir comezando a noite. [Cada persoa fará unha pequena aportación polos pinchos. Non é preciso anotarse.]
Logo, as actuacións e paradas realizaranse no entorno dos Chancís, con especial interese na Cova da Vella.
Entre as actuacións previstas, un grupo de música tradicional, Os Parentes, O Trícole... pero, sobre todo, como sempre, a colaboración de todas e todos vós, da xente que cada ano vides e ledes poemas, nos trasmitides reflexións, cantades, tocades un instrumento...
* A organización encargarase da iluminación e fotografías, recoméndase
non sacar fotos para non interferir no desenvolvemento das actuacións e
intervencións. Podedes traer pequenas linternas.
Sábado 29: horta e elaboración de aceite de hipérico.
Este sábado, 29 de xuño, iremos á horta ás 18 horas.
Programa:
– Labores de mantemento.
- Identificación de plantas e usos.
- Pequeno coloquio sobre a marcha do traballo e suxerencias de actividades de cara o futuro.
- Recollida da herba de San Xoán e elaboración de aceite de hipérico de tantas e tan boas propiedades sanadoras.
– Labores de mantemento.
- Identificación de plantas e usos.
- Pequeno coloquio sobre a marcha do traballo e suxerencias de actividades de cara o futuro.
- Recollida da herba de San Xoán e elaboración de aceite de hipérico de tantas e tan boas propiedades sanadoras.
Unha horta ten que saber que é unha horta: a nosa horta comunal.
Mar Sabater cóntanos a experiencia da nosa horta comunal de boas prácticas, na que podedes participar todos os sábados ás cinco da tarde en Arxemil. Mar é quen nos guía nesta estupenda aventura da horta e ten unha magnífica horta en Santiago de Cangas (Pantón), onde vive.
Mar Sabater explicando algo sobre a horta. |
Me
piden desde Colado – que somos todos los que en el estamos - que
hable de nuestro huerto comunal, ese que ha surgido en cinco jornadas
largas de trabajo entre todos los que a el han acudido, partiendo de
un prado de gramones y sin máquinas de laboreo, con todo el proceso
realizado a mano, y que ya ha empezado a dar alguna hortaliza que
otra para llevarse a casa.
Mariano
Bueno, que tiene el mejor libro escrito sobre el huerto familiar
ecológico, dice en algún punto de su libro que un huerto tiene que
saber que es un huerto.
¿Pero
qué tiene que ser y sentir un huerto para que esto le suceda?
¿Y
qué es lo que debe hacerse para que esto pase?:
Nosotros
hemos empezado por cuidar la tierra* y cuidar significa a su vez
franquear a algo la entrada a su propia esencia: cuidar la tierra es
algo más que explotarla o incluso estropearla, cuidar la tierra no
es adueñarse de ella, no es hacerla nuestro súbdito, donde solo un
paso conduce a la explotación.
Porque
cultivar tiene el sentido de cobijar el crecimiento, se cultiva un
huerto, una viña, una amistad.
Siempre
somos una media de entre ocho a quince trabajando juntos y juntos
hemos mullido la tierra hasta formar ocho bancales de cultivo.
A
los huertos hay que hacerles la cama, de tierra mullida y blanda, a
continuación hay que arroparla, con paja y hojas secas de carballo
la arropamos, porque si no, la lluvia, el sol, el exceso de frío o
de calor le quitaría vitaminas, nutrientes. Toda tierra bondadosa
lleva en sí la cualidad y la propiedad de generar vegetación.
Desnudarla, sin abrigo, es abocarla a la desertización, a la pérdida
de sus cualidades, de su función; podemos pedirle que nos sirva pero
no a costa de que pierda su esencia, eso va en su contra y en la
nuestra.
Bajo
esa paja, esa tierra no volteada conserva su epidermis completa, su
capa de humus y todos los microorganismos que se encargan de la
descomposición de los nutrientes. Plantamos por plántulas o
semillas y les dimos su lugar sabiendo diferenciar las de raíz, de
las de hoja, de las de fruto en una de las primaveras más frías que
se recuerdan. Pero aun nos queda mucho por hacer, hasta que nuestro
huerto sea un ecosistema, grato y fértil, hasta que nuestro huerto
sepa de verdad que es un huerto. Plantar los caminos con trébol, que
le ayude a fijar el nitrógeno y a retener la humedad y el frescor,
crearle una barrera de setos a su alrededor que lo defienda del
viento, plantar más flores que garanticen una buena polinización,
encontrar más especies adaptadas al clima, saber conservar sus
simientes, es un tan largo etcétera.
Os bancais de cultivo cubertos de palla. |
Pero
sobre todo cuidarlo, comprenderlo y apreciarlo.
Muchos
de los que acuden los sábados al huerto comunal ya están aplicando
esta manera de hacer en los suyos, y poco a poco tengo como ilusión
y esperanza que iremos aplicando nuevos recursos y técnicas de
cultivo que ya se conocen y otras que van apareciendo, o que vayamos
encontrando.
Pero
también quería recordaros que nuestro huerto se debería llamar
huerto y nada más y no necesitaría llamarse ecológico, si no
pasara lo que está pasando a nuestro alrededor.
Porque
cultivar viene de cultura, y porque en estas tierras siempre existió
la cultura de los huertos familiares ¿Qué ha pasado para que
tengamos que cultivar un huerto para recordar las buenas prácticas?
Porque tenemos que recordar que la tierra no es un soporte inanimado
al que podemos atiborrar de agentes químicos sin que a ella, y de
paso a nosotros, nos pase nada.
Quién
podía hace unos años pensar que eso que parecía progreso y
facilitar las labores del campo y que se siguen vendiendo en abundo,
como los fertilizantes para que todo crezca bien, o el herbicida, el
“Roundup” para no tener que seguir desenhebrando, el sulfato que
nos iba a salvar del mildeu y el oídium, iban a empezar a afectar
nuestra salud, deteriorar nuestra tierras, acabar con toda la vida
microbiana del suelo, envenenar nuestras fuentes y regatos, nuestros
acuíferos, hacer que desaparezcan los insectos y la fauna aliada y
por ultimo hacer que las plagas se vuelvan resistentes y refractarias
a los tratamientos?
Y
esto, está pasando a nivel mundial y sobre todo en todas las muy
extensas explotaciones agrarias, donde ya no hay campesinos sino
operarios, hasta el extremo de que este año ha habido un comunicado
por parte de la FAO de que se está produciendo un deterioro radical
de todo el suelo agrícola, que empieza a cuestionar nuestra
alimentación en el futuro y ya está afectando nuestra salud
presente, puesto que todos esos productos engordados con químicas y
hormonas que encontramos en nuestros supermercados, encerados y
lustrosamente insaboros, apenas nos nutren. El ejemplo más relevante
se presentó en la revista “Consumidores”, en donde tras
reiterados análisis se llegó a la evidencia de que una fresa de
huerto ecológico tiene un contenido de vitaminas superior al ochenta
por ciento frente a una producida industrialmente en invernadero.
Además también nos informan de que un cuarenta por ciento de
las enfermedades están siendo producidas por el uso y abuso de esos
agentes químicos que se emplean en su elaboración, y eso que todos
estos productos pasan por certificados y sanidad.
Por
eso tenemos que recordar que nosotros, tenemos pequeños huertos
donde podemos practicar una agricultura cuidada y responsable,
nosotros podemos llamarnos labriegos y hacerlo ahora con una honra
del que se sabe produciendo algo único y de una calidad
inencontrable en los mercados, puesto que lo nuestro es arte-sano.
Acabemos
con tres imágenes interesantes; la primera, si el índice de
vitaminas de las distintas agriculturas es de 1 a 8, tendrías que
llenar ocho carros de la compra de fruta y verdura de cualquier
supermercado, frente a uno solo de un buen huerto para llevarte la
misma cantidad de nutrientes a casa ¿La compra te ha salido barata?
Suma….
Segunda
imagen: coge una gorda y reluciente manzana de supermercado y clávale
los dientes, el agua te salpica la cara, tus dientes resbalan por una
superficie pulida, de paso su carne no sabe a nada; decirte entonces
que nada conserva tanta agua sin hormonas ¿Has ido acaso a la
farmacia a hormonarte?, el resbalón de los dientes lo da la cera de
acabado ¿Acaso has ido a la sección de limpieza?, ¿No será la
manzana de Blancanieves?
Tercera
esta es una imagen de nuestro actual mundo rural: unha
avoa coa súa neta: come neniña come que
non me comes nada, la niña tiene delante una menestra de
verduras del huerto de su abuela, sazonada con un poco de roundup, y
un chorito del bonito azul del sulfato.
Bueno,
así visto esto parece un poco apocalíptico pero pasar, pasa.
Pero
hoy por hoy siempre nos quedará nuestro huerto comunal de Arxemil,
venir a vernos cuando querais y de paso podeis echar una mano.
Junio
del 2013 en Cangas –Santiago, Gullande , espacio libre de químicos.
Visita cultural a Valdeorras: 30 de xuño.
O domingo 30 de xuño de 2013 imos de visita a zona de Valdeorras.
Sairemos en bus dende Sober ás 9:00 horas (praza do Concello), parando en Monforte (gasolineira en fronte do Día) ás 9:15 horas.
Hai que anotarse en coladodovento@gmail.com ou 636129233 antes do mércores, día 26 de xuño.
![]() |
Valencia do Sil |
MAÑÁ
- Percorreremos un sendeiro de 3 km (6 km, ida e volta) entre Valencia do Sil e Penouta.
- Visitaremos unha importante colección de minerais en Vilamartín.
- Xantaremos nunha área recreativa (cada persoa levará a súa comida, pero hai posibilidade de xantar nun restaurante a carón da área recreativa; para facelo, hai que anotarse en coladodovento@gmail.com ou 636129233 antes do mércores, día 26 de xuño).
TARDE
Vilela |
- Visitaremos as covas-adegas de Vilela.
Seadur |
- Visitaremos as covas-adegas de Seadur.
Horta: sábado, 15 de xuño: visita a unha horta ecolóxica.
A horta continúa o seu camiño, xa vedes que bonita está.
Este sábado, 15 de xuño, quedamos ás 17 h na gasolineira de Ferreira de Pantón para ir visitar a horta ecolóxica de Mar Sabater, en Santiago de Cangas.
Este sábado, 15 de xuño, quedamos ás 17 h na gasolineira de Ferreira de Pantón para ir visitar a horta ecolóxica de Mar Sabater, en Santiago de Cangas.
4ª xornada da horta: sábado, 11 de maio.
A cuarta xornada da nosa horta - común e con boas prácticas - será o sábado 11 de maio ás 17 horas. Nos Navás, Anllo San Martiño, Sober.
Van medrando os nosos bancais.
3ª xornada da horta: sábado 4 de maio.
A terceira xornada da horta será o sábado 4 de maio ás 17 horas. Nos Navás, Anllo San Martiño, Sober.
Tivo que ser así - Características do ouro e a súa explotación: o ouro non é culpábel, somos os humanos.
Juan Luis Casas
Non
sei cal foi a causa, se é que houbo unha soa, nin os razoamentos a
que deu lugar, pero o certo é que hoxe en día, cando se escoita
a palabra química soe ser con ton de desprezo ou reparo, para rebaixar
unha valoración sobre algo que a priori causara unha positiva
impresión. Esta mala prensa da palabra resulta sorprendente pois as
reaccións químicas son o sustento da nosa existencia e do que nos
rodea, máis aínda, e coido que non esaxero, explican o noso
comportamento e o dos nosos devanceiros, a nosa historia, as nosas
relacións e cultura dun xeito que tamén nos volve a sorprender
cando reflexionamos sobre a cuestión.
Un bo
exemplo podemos atopalo na historia da metalurxia do ouro, un
elemento químico relativamente escaso, o 75 en orde de abundancia na
cortiza terrestre dentro duns 90 que podemos atopar na natureza.
Ímonos fixar na súa estrutura electrónica, un término tan químico
como que é, o seu estudo, a forma como se distribúen e
interaccionan os electróns, o obxecto dunha das ciencias
fundamentais, por moito que se queira tallar en multitude de
disciplinas, ó que se dedican os químicos.
Cada
clase de átomo, cada elemento químico, ten a súa estrutura
electrónica peculiar que lle confire o seu característico
comportamento químico e tamén moitas propiedades físicas. De todas
elas, ímonos fixar nunhas poucas determinadas polos 79 electróns
dos átomos de ouro (Au).
A
primeira, por máis evidente, é a súa reactividade, mellor dito a
súa baixa reactividade, a súa nobreza, a pouca agresividade, que
contrasta coa que historicamente exhibiron os homes por posuílo.
Por
culpa desa nobreza, como non reacciona con case que nada, por iso
recorreuse a il para usalo en próteses nun medio tan agresivo como o
noso corpo comezando por unha parte tan “delicada” como a boca,
na natureza aparece moi excepcionalmente formando compostos químicos
co teluro. Principalmente, que non frecuentemente, se atopa de xeito
máis ou menos puro, ofrecéndose directamente sen necesidade de
deseñar elaborados procesos metalúrxicos para o seu beneficio.
Inicialmente
en vetas, poderíamos dicir que finamente entreverao, incluídas en
rochas con minerais de cuarzo ou piritas, como en A Toca, O Torubio,
O Covallón, etc. Estamos a falar de xacementos primarios.
A
meteorización e a erosión da rocha orixinal, que a fraccionan en
partículas máis pequenas supón que ese ouro pode ser “liberado”
cara as zonas de sedimentación e aquí entra a xogar un segundo
factor determinado pola estrutura electrónica, a densidade. Estamos
falando dun dos elementos máis densos, podemos visualizar ben a súa
magnitude se pensamos que unha botella de dous litros, como as das
bebidas chamadas refrescantes, chea de ouro, estaría roldando os
40Kg, un peso que moitos, dende logo eu si, xa terían problemas para
levantar.
Esta
elevadísima densidade favorece a sedimentación do ouro con
preferencia ós outros compoñentes das rochas orixinais,
reconcentrase nas zonas de depósito, e ademais nestes procesos
purifícase, xa que os outros metais que o soen impurificar, cobre,
prata, ou platino, este último máis denso e escaso, tamén son máis
reactivos, polo que se poden ir transformando e separando neste
proceso de liberación.
Esas
zonas onde o longo de séculos, miles, millóns de anos o ouro foi
depositando preferentemente constitúen os denominados xacementos
secundarios como os de A Cubela, Margaride, Quiroga ou o meandro
entre Espandariz e Nocedo.
Como
nas nosas latitudes a auga, habitualmente líquida, é o principal
axente de trasporte e segregación de materiais, resulta fácil ver
que o ouro se siga transportando e sedimentando no leito dos río das
bacías que conteñen material aurífero o que se aproveitou nos
xacementos de batea.
A
terceira e cuarta características definidas pola capa de electróns
deste elemento son o seu escintilante brillo metálico e a súa
orixinal cor amarela.
Se
pensamos nunha sustancia brillante, amarela, que aparece e permanece
tal e como a acabamos de describir na natureza e en lugares
accesibles, non nos pode estrañar que pronto chamara a atención do
home e xa fora utilizado hai 8.000 anos en Mesopotamia.
Nas
nosas terras asociamos moito a histórica metalurxia deste metal con
Roma. Naturalmente o ouro foi importante para os romanos e unha das
principais razóns de que chegaran a establecer asentamentos nas
ribeiras do río máis importante de Galiza, entrando polos límites
do Bierzo ata o Atlántico, sería a constatación de que só con
“rascar” a terra poderíase extraer o prezado metal. O Imperio
romano foi asumindo prácticas e coñecementos doutras culturas,
melloradas nalgúns casos, e contrastando innovacións noutros.
Mais
en síntese eles imitaron todo o que puideron os procesos naturais,
pero forzándoos e acelerándoos dentro dos límites que a propia
natureza, a química, lles impuña en cada explotación.
Repito
que a auga é o principal axente erosivo, transporte e segregación
nas nosas latitudes. Pois, si se necesitaba auga en grandes cantidades
para iniciar
e acelerar a “erosión”, disgregación, dos xacementos,
primarios e secundarios, habería que por a traballar a enxeñería
romana e todas aquelas mans que foran necesarias, a recompensa
superaría con creces a inversión, para levar a auga á mesma
explotación mineira.
Se
coñecían que o outro transportado dos xacementos primarios se
acumulou naquelas zonas onde a forza da auga diminuía, moi evidente
na cara cóncava dos meandros e cambios de dirección dos cursos de
auga, como na Cubela ou Castro de Abaixo, e tamén nas augas
encoradas, entón disporíanse secuencialmente, canles coa
inclinación suficiente para que a forza da auga mobilizara o
material disgregado, as veces tras forzar mecanicamente a redución
do tamaño de partícula, alternando con estanques ou calquera outro
dispositivo para reducir a velocidade da auga, reducir a súa
capacidade de arrastre, e depositar e concentrar o rei dos metais.
Logo
tamén se aproveitaría outra propiedade determinada pola estrutura
electrónica para completar a separación e facilitar a xestión do
propio metal, os seu punto de fusión relativamente baixo, 1064ºC,
máis baixo que a maioría dos silicatos dos que o queremos separar,
e non difícil de acadar.
O seu número de electróns tamén é axeitado
para que se disolva ben en azougue (mercurio), método que é moi probable que
a metalurxia romana chegara a pór en práctica, xa que obtiñan este
outro curioso metal a partir da súa mena (mineral
do que se pode extraer o ouro); penoso e
perigoso método de concentración do ouro que logo recuperarían por
destilación do metal líquido. Este proceso chegou ata a actualidade
con moi poucas variacións aínda que perdendo terreo fronte a outro
método do que estamos a escoitando falar moito nos últimos meses, o
que se pretende aplicar en Corcoesto, o tratamento do material
aurífero en atmosfera oxidante con cianuro sódico, en cantidade
algo maior que unhas pingas no café. Un método certamente máis
doado, o do cianuro, de controlar que o do azougue pero ¿haberá
capacidade para que ese control sexa eficaz?, ¿haberá suficiente
vontade para facelo eficaz?. Iso sen contar co risco de mobilizar o
arsénico que se atopa nas arsenopiritas.
En
definitiva, todos estes comentarios para volver ó principio. Temos
asimilado que as febres do ouro, non só as dos últimos séculos
marcaron relacións laborais, por identificalas dalgún xeito,
sociais, de poder, económicas, ata a organización do territorio e
os seus que se propagaron ó longo da historia ata os nosos días, e
todo isto se explica pola estrutura electrónica do átomo de
ouro...., e de que os homes somos como somos. O ouro só é culpable
de ter 79 electróns e de comportarse como lle corresponde.
Segunda xornada de boas prácticas na nosa horta: sábado, 27 de abril.
Desta volta, a xornada será de 17:00 a 19:30 horas.
- Balance do primeiro día.
- A ortiga: propiedades e utilidades na horta e como planta medicinal.
- Reparto de obrigas de cada quen.
- Rematar de facer os bancais.
- Abrir horta (se o tempo o permite).
- Plantación de aromáticas e medicinais.
Recoméndase traer algunha ferramenta pequena.
- Balance do primeiro día.
- A ortiga: propiedades e utilidades na horta e como planta medicinal.
- Reparto de obrigas de cada quen.
- Rematar de facer os bancais.
- Abrir horta (se o tempo o permite).
- Plantación de aromáticas e medicinais.
Recoméndase traer algunha ferramenta pequena.
Presentación do estudo "La Escuela de Proendos", de José María Lago.
O vindeiro sábado, 27 de abril, ás 12 da mañá:
presentación do documentado libro "La escuela de Proendos", de José
María Lago. Será na igrexa de Proendos (Sober).
Deixámosvos a reseña
de cada capítulo do libro (que podedes adquirir por 15
€), nas palabras do autor: "En el primer capítulo analizaremos el
origen de los foros y la estructura territorial sobra la que éstos se
aplicaron. En el segundo... la evolución concreta que este régimen de
foros tuvo en la parroquia de Proendos y las consecuencias de su
aplicación, analizando los conflictos producidos entre campesinado e
iglesia... El tercer capítulo analizará los orígenes de la riqueza
patrimonial de algunas familias campesinas... Finalizaremos con los
aspectos más significativos de la vida social de Proendos a lo largo de
la Edad Moderna."
Mostra de tradición oral de Sober: presentación de Un pouquiño de Tradición Oral III.
Presentamos na Biblioteca Pública de Sober, o 20 de febreiro de 2013, o terceiro volume recopilatoria da tradición oral das nosas parroquias. Foi unha tarde agradable de mostra da memoria oral das nosas xentes, vivindo o patrimonio.
Fotos e vídeos coas cantigas interpretadas.
* Copla de cego: En la provincia de Asturias.
* Copla de cego: En la provincia de Asturias.
Proxecto: Coordinadora para a valorización do Medio Rural.
Proxecto de Coordinadora para a valorización do Medio Rural na zona sur de Lugo.
Por: Felipe Castro López.
Auto-convocatoria para o sábado, 27 de abril, na Casa da Cultura de Sober ás 20 h.
Comezamos coas boas prácticas na nosa horta: sábado, 20 de abril.
O sábado, 20 de abril de 2013, temos a primeira xornada de aprendizaxe de boas prácticas agrícolas na nosa horta comunitaria.
Será ás 16:00 h no lugar dos Navás, en Anllo San Martiño. A horta vese dende a carretera Sober-Os Chancís. Ver no mapa aquí.
Por se alguén non sabe como ir, quedaremos tamén en Sober ás 15:45 h, diante do Concello.
Nesta primeira sesión, faremos e falaremos do seguinte:
- Preparación do terreo.
- Deseño xeral da horta.
- Elaboración de bancais.
- Sistema de rego.
- Elaboración de compost.
- Abonado.
- Acolchado.
- Planificación da plantación e obxectivos xerais.
Recoméndase traer uns guantes.
Podedes contactar en coladodovento@gmail.com e 636129233
Podedes contactar en coladodovento@gmail.com e 636129233
Presentación do estudo "La Escuela de Proendos", de José María Lago.
O vindeiro sábado, 6 de abril, ás 12 da mañá:
presentación do documentado libro "La escuela de Proendos", de José
María Lago. Será na Galería Sargadelos de Monforte. Deixámosvos a reseña
de cada capítulo do libro (que podedes adquirir por 15
€), nas palabras do autor: "En el primer capítulo analizaremos el
origen de los foros y la estructura territorial sobra la que éstos se
aplicaron. En el segundo... la evolución concreta que este régimen de
foros tuvo en la parroquia de Proendos y las consecuencias de su
aplicación, analizando los conflictos producidos entre campesinado e
iglesia... El tercer capítulo analizará los orígenes de la riqueza
patrimonial de algunas familias campesinas... Finalizaremos con los
aspectos más significativos de la vida social de Proendos a lo largo de
la Edad Moderna."
Subscrever:
Mensagens (Atom)