A Asociación Cultural O Colado do
Vento organiza en Monforte unha conferencia do
arqueólogo Xurxo Ayán Vila titulada “A Ribeira Sacra: unha paisaxe heroica, un patrimonio da(s) Comunidades(s).”
A petición da charla por parte da
Asociación sae dunha xuntanza na que se tratou sobre o proceso da
candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, valorando
que existe falta de información e que sería interesante abrir
debates sobre o patrimonio e a historia da comarca de Lemos, pensando
para isto en Xurxo Ayán, por achar moi interesantes as opinións que
este arqueólogo lemavo aportara sobre a cuestión da Ribeira Sacra
como Patrimonio da Humanidade.
Xurxo M. Ayán é investigador
postdoutoral contratado no Grupo de Investigación en Patrimonio
Construído da Universidade do País Basco, onde desenvolve os
proxectos “Arqueoloxía da guerra civil e socialización do
Patrimonio en Euskadi” e “Arqueoloxía postcolonial en España”.
Ten dirixido intervencións arqueolóxicas en escenarios da guerra
civil (Belchite, Guadalaxara, batalla do Ebro, Fronte Norte) e da
represión, coma o campo de concentración franquista de Castuera
(Badaxoz). En Galicia desenvolveu traballos de investigación
arqueolóxica sobre a guerrilla antifranquista e maila explotación
nazi-franquista do wolfram.
A charla será o venres 27 de febreiro
de 2015 no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte.
Sem comentários:
Enviar um comentário