A LAXA DA CARREIRA, UN NOVO PETRÓGLIFO EN SOBER


Na tarde de hoxe (19-III-2011), un socio do Colado do Vento, Manuel Verao, localizou na parroquia de Bolmente unha inscultura rupestre.


No día de San Xosé, despois da habitual comida familiar dos Verao no lugar do Outeiro de Bolmente, o Manolo Verao, camiñando polo monte de Coto, decatouse de que na pedra da Laxa da Carreira, que posibelmente sexa a que lle dá nome ao sitio, había coviñas similares ás doutras estacións con petróglifos no Concello de Sober. Ata alí foron o Suso Verao e a Branca, tamén integrantes do Colado do Vento, que poideron constatar que se trata dunha rocha con máis de medio cento de coviñas, enlazadas moitas delas por sucos.
A composición dos motivos na pena, a súa orientación, cara o sul, o desgaste dos sucos, en U, e a simetría das coviñas fan pensar que esta sexa unha pedra con insculturas que podemos situar no IIIª e IIª milenio a. C.; a primeira pena destas características que atopamos na parroquia de Bolmente.

5 comentários:

A Ulloa en fotos disse...

FANTASTICO!!!

Os meus parabens.

Coñezo un petroglifo similar que está no monte de Santa María de Oia, similar no contido: gran número de cazoletas unidas por furcos, aínda así penso que é mais pequeno co voso.

Apertas dende A Ulloa

Paula Verao disse...

Foi emocionante atopar unha nova inscultura en Sober. Apertas!

Anónimo disse...

Marabilloso!!!. Nunca vos pagaran o traballo desinteresado que facedes.

Paula Verao disse...

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2011/03/24/0003_201103M24C5991.htm

Anónimo disse...

Parabens, cantos tesouros agocha esta nosa terra e quedan por descubrir. Bo traballo e bo bloge Un saúdo dende A Laracha