O QUE IMOS VER O 3 DE ABRIL EN BARANTES

Vista do Sil dende o castro de Vilanova.

O 3 de abril, domingo, ás 11:00 horas, sairemos da igrexa de Barantes para facer unha ruta pola parroquia. Non é preciso anotarse.

Igrexa parroquial de Barantes.

Dende alí, camiñaremos pouco máis de 1,5 km sen pendentes ata chegar ao castro.


O castro de Vilanova conta cun gran foxo e un potente terraplén no que se atopan moitas pedras, quizais da muralla.

Parapeto do castro de Vilanova.

Na croa atópanse restos de pallabarro e cerámica.


Dende o castro, temos unhas fermosas vistas do Sil e da parroquia de Santiorxo.

Vista do Sil dende Vilanova: o inicio do canón.

Vista da Somoza, Santiorxo, dende Vilanova.

Despois de baixar aproximadamente 0,5 km, vemos a magnitude do castro.

Pasamos pola Arriba...
A Arriba.

... e por Barantes de Baixo, con fermosos exemplos de arquitectura tradicional.

Barantes de Baixo.

Tede coidado coas feras que se atopan polo camiño.


Barantes é lugar de abondosa auga, con boas fontes e árbores de noso.


Subindo, sen apenas pendente, imos chegando a Barantes de Riba, cunha fermosa vista da Casa Reitoral.


Chegamos ata a Casa da Pereira, cunha cabeza castrexa encastrada no muro, onde voltaremos para sentármonos a xantar.


Casa da Pereira.

Continuamos subindo por Barantes de Riba...


... ata chegar, de novo, á igrexa.


Este é o mapa da ruta.

Mapa: Javier Vivirido.

Que fermoso é Barantes! Unha fiestra cara o Sil.

2 comentários:

MAIS CARGADA DE BOMBO disse...

Tédela marcada co GPS???

Ademais convidámosvos a unha camiñada que facemos o venres de semana santa. Botádelle un ollo o blog pontelouco.blogspot.com

Paula Verao disse...

Non a temos marcada, pero suponho que ser'a f'acil facelo... Boa idea! Moi interesante a ruta por Caldelas, a ver se podemos ir!