Tarta de cabaza

Ingredientes:
Pasta de hoxaldre
800 gr. de cabaza cocida e ben escorrida 
125 gr. de fariña

1 sobre "royal"

325 gr. de azucre 
3 ovos

2 sobres de "flan el niño" (non leva azucre)

1 culleradiña de café de canela

4 culleradas sopeiras de aceite de xirasol

Elaboración:

Ferver a cabaza uns 20 minutos, esmagar co garfo e escorrer (deixala toda unha tarde ou mellor toda unha noite nun coador).
Poñer nun molde redondo de 32 cm de diámetro a pasta de hoxaldre e pinchar cun garfo.
Nun recipiente, poñer todos os ingredientes: cabaza, fariña, royal, azucre, ovos, flan, canela e aceite.
Mixturar todo coas variñas. 
Co forno xa previamente quente, verter a preparación no molde e enfornar; deixar 25 minutos. Baixarlle lume ao forno e deixar 20 minutos máis.
Sacar e espolvorear azúcar glass e canela ao gusto.

Cabelo de anxo

A cabaza coa que se elabora o cabelo de anxo chámase "cidra”.

Ingredientes:

1 cidra (cabaza)
Azúcar
Limón (opcional)

Elaboración:

Clavar a cabaza cun coitelo para que ao cocela non estoupe na pota.
Poñela a cocer en auga abundante e medio limón (opcional) durante máis de unha hora; non importa pasarse de tempo.
Sacala da pota, abrila e deixala escorrer.
Sacarlle as frebas con axuda dunha culler e eliminar as sementes.
Pasar as frebas por auga e deixar escorrer de novo.
Poñer unha pota co azucre que lle corresponda (medio kg de azúcar por cada kg de frebas de cabaza ou máis para maior dozura).
Engadir as frebas de cabaza e remover.
Deixar cocer removendo de cando en vez para que non se queime; agardar a que colla unha cor dourada. 
Consérvase uns días no frigorífico e pode conxelarse.

Mermelada de pementos


Ingredientes:

1 kg de pementos
750 gr de azucre
1 pizca de sal 

Elaboración:
Picar os pementos moi finamente, a poder ser con picadora, e poñer nunha paelleira ou sartén fonda sen nada (nin auga nin aceite) a lume lento durante 1 hora. 
Botarlle unha pizca de sal e o azucre.
Remover ata que o azucre se derrita.
Deixar arrefriar e encher os tarros.
Cocer a baño maría durante 20 minutos.

Ideal para acompañar canapés con queixo de cabra.

Preparando unha camiñata entre Diomondi e Santo Estevo, no Saviñao [PR-G 162]

No Colado do Vento estamos a preparar unha camiñata entre Diomondi e Santo Estevo, un treito da ruta impulsada pola Asociación Veciñal do Saviñao.
Deixamos unhas fotos. Farémola este inverno.


Vista do castro de San Fiz.
San Pedro de Cela.

Vista dende Cela.
San Paio de Diomondi.

Quinta xornada de outono na horta: framboesas, lentellas, tirabeques...



Mañá, sábado 30 de novembro, temos a nosa Vª xornada deste outono na nosa horta comunal e de boas prácticas.

Mañá, é momento de raíz das 12 ás 13 h. Non é o ideal para o que imos facer, pero hai unha lúa favorable para a sementeira.

Plantaremos tirabeques, guisantes, framboesas e lentellas.

A ilustración é de Mar Sabater, guía da nosa horta comunal.

Presentación do libro: Crónicas históricas de la villa de Monforte

O novo e documentado traballo de José María Lago Bornstein preséntase este venres, día 25 de outubro, na libraría Agrasar de Monforte.

Será ás 20 horas.

Tamén se presentará "Ediciones La Rectoral".

Imos coñecer os petróglifos de Campo Lameiro


O domingo, día 22 de setembro, imos ir dende Sober a coñecer os petróglidos de Campo Lameiro, un dos conxuntos máis espectaculares de Europa en canto a arte rupestre.

Sairemos ás 9 horas da praza do Concello de Sober (8:50 h na praza da Compañía en Monforte) e iremos en bus, polo que cómpre anotarse previamente, antes do xoves, día 19. 
Podedes anotarvos en: coladodovento@gmail.com / 636129233 / rosanaguia@yahoo.es 

Visitaremos o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre.

Prezos:
- persoas socias: 10 € (bus + entrada ao parque)
- non socias: 12 € (bus + entrada ao parque)
- obradoiro: 2 € socias / 3 € non socias
- comida por conta de cada quen (a asociación encárgase de xestionar o menú para quen non leve comida).


Imos xantar alí e no parque temos oferta de distintos obradoiros. Na seguinte ligazón podedes consultar os prezos e opcións e así escoller a máis axeitada a vós.

Dende Sober, onde contamos cun conxunto de petróglifos con motivos de círculos concéntricos, sucos e coviñas, parécenos interesante coñecer os gravados de Campo Lameiro, onde tamén atoparemos escenas de animais. En Sober, só temos unha escena de animal, a Pena do Cabalo, pero demasiado abstracto como para encadralo na mesma liña que os animais da arte rupestre galega da Idade do Bronce.

Regresaremos á tardiña, saíndo de Campolameiro sobre as 18:30 / 19:00 horas.

Lembrade que podedes coñecer os petróglifos de Sober aquí.

Presentación das actividades do Colado do Vento na Feira do Libro de Monforte

 
O mércores 21 de agosto, o Colado do Vento participamos na presentación da Feira do Libro de Monforte facendo unha presentación das nosas actividades.
Será ás 21 horas na zona da feira.

* Aquí pode descargarse o programa da feira.