|
Pena do Lagarto. |
En Sober, a xente do Colado do Vento temos aínda por publicar unha ducia de penedas con petróglifos que non foran aínda catalogadas. A maioría, como os tres puntos que vos presentamos hoxe, foron atopadas por
Óscar Alonso, de Veliños, mentras ía de paseo polo monte na procura dos prezados cogumelos.
|
No todoterreo para chegar ás pedras. |
Trátase, no caso que vos amosamos nesta crónica, de catro penedas do entorno das parroquias de Santiorxo, Pinol e Lobios, todas elas con motivos fundamentalmente de coviñas, atopadas polo Óscar de Veliños neste ano 2015.
- Petróglifos da
Pena do Lagarto, Santiorxo
Trátase dunha gran laxa granítica duns 10 metros de lonxitude na que atopamos múltiples coviñas e sucos na cara descuberta da pedra, que dá ao suroeste.
Están no camiño entre Viñariño e Paradela, perto de Pinol de Abaixo, na parroquia de Santiorxo.
Vídeo, onde se pode apreciar a amplitude do panel:
aquí.
Mapa da zona (está indicado o topónimo "Lagarto").
- Pena con petróglifos na zona de Casardecima, Pinol.
Con máis de 50 motivos, esta pena parece que foi cortada. Está tapada parcialmente por pedras e maleza.
Pódese apreciar no vídeo:
aquí.
Mapa da zona dos petróglifos de Casar de Cima e dos do monte de Lobios.
- Penas con
petróglifos no monte de Lobios, por riba da Ola de Lobios.
Trátase de dúas penedas moi próximas, con motivos de coviñas e sucos.
|
Vistas dende o monte de Lobios. |
|
Vistas dende o Monte de Lobios. |
Sem comentários:
Enviar um comentário