Este sábado, día 5 de xullo, estaremos de novo na horta do
Colado do Vento a partir das seis da tarde.
É día de raíz, polo que plantaremos
unhas sementes de cenoura que aínda temos pendentes.
Faremos
tamén un control dos bancais: pragas, limpeza, e, como non, recolleremos as leitugas, acelgas e fresas que xa estén maduras.
Este
día hai unha romaría nos Chancís, polo que temos pensado achegarnos á hora da
merenda para tomar alí unhas tapiñas. Xa están comprometidas para levar:
unha empanada, unha tortilla e algún dáce; quen queira pode
aportar outras viandas ou bebidas que tomaremos alí nos muíños a partir
das oito da tarde.
Sem comentários:
Enviar um comentário