Buñuelos de grelos, espinacas...




Ingredientes:

- Unha presa de grelos ou espinacas
- Un ovo
- Leite
- Fariña
- Un chisco de sal

Preparación:

Cócese a verdura escollida nun pouco de auga con sal.
Escórrese e resérvase.
Nunha cunca, bátese un ovo cun chisco de sal e engádeselle 1/4 l de leite aproximadamente e espésase ben coa fariña.
Unha vez feita a pasta, engádese a verdura troceada moi fina (pódese refogar cun pouco de allo, ao gusto).
Nunha tixola, ponse abundante aceite e cando esté ben quente vértese a mixtura en pequenas culleradas.
Unha vez voltedada e frita, déixase escorrer nunha servilleta e xa está lista para comer.


2 comentários:

Anónimo disse...

Chisca, cunca ,refogar, tixola; pouco a pouco ímonos diluíndo, desaparecendo paseniñamente.

Anónimo disse...

Grazas. Xa o corriximos.Puxémolo rápido e sen revisar.,