VISITA (CON MÚSICA TRADICIONAL) Á COVA DAS CHOIAS


Propoñémosvos un experimento sendeirista, natural e musical. Así, improvisado.
Imos visitar a cova das Choias, situada na parroquia de Óutara, en Probra de Brollón, buraco de orixe natural con alteracións antrópicas por mor da extracción de mineral de ferro.
A excursión será mañá, xoves, 26 de agosto, pola tarde.
Sairemos en coches particulares de Sober, diante da Casa do Concello, ás 17:15 horas, e da Pobra de Brollón, diante do bar 1º de Maio, ás 17:45 horas. 
No entorno da cova, que visitaremos interiormente, contaremos coa actuación de Pablo Carpintero e de quen se queira sumar.
Se este experimento nos gusta, poderemos darlle continuidade.
Pode participar quen o desexe, achegándose aos puntos de saída ás horas referidas.

2 comentários:

Anónimo disse...

Ei como saiu este experimento-cultural. A ideia e a ostia.
Aí vai un novo enlace, secadra xa ocoñecedes,
http://asombradebouzapanda.wordpress.com/
Un saudo dende Bergantiños

Paula Verao disse...

Saíu estupendamente. Boa música e un sitio impresionante!
Grazas polo enlace, non o coñecía.