Este ano, percorreremos á luz da lúa un tramo da ruta dos muíños do Xabrega coas pertinentes paradas para que a música e a poesía fagan acto de presenza nesta beira do Sil.
Coma sempre, podedes recitar, contar, ler, cantar o que vos pareza, sobre o tema que se vos ocorra e en calquera das linguas do mundo, mais propoñemos como leit motiv a Rosalía de Castro, neste ano no que se conmemoran os 125 anos da morte da "musa dos pobos".
Reunirémonos ás dez da noite na praza do Toural, en Sober, o venres día 20 de agosto, para tomar uns pinchos e saír, logo, a partir das once cara a Xabrega, onde deixaremos uns coches no inicio da ruta e outros no final para non ter que subir andando pola estrada ao remate.
Para anotarse aos pinchos, hai que chamar ao 636129233 ou enviar unha mensaxe a paulaverao@hotmail.com ou a javivivirido@terra.es antes do 19 de agosto.
Lembramos que a vindeira semana Xuventudes Musicais de Sober organiza o ciclo MÚSICAS AO CLARO DE LÚA, do que podedes ver a programación aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário