A Xunta Directiva do Colado do Vento fixou xa a data da ruta polo Courel.
Será o vindeiro 23 de abril, de mañá: un roteiro circular de 11 km aproximadamente, de dificultade media, dunhas 4 h de andaina.
Lugares de interese: Fervenza do Fócaro, Lagoa da Lucenza, Fervenza de Vieiros, Lugar de Vieiros e lugar da Seara (rehabilitado). Xantaríamos na Seara.
IMPRESCINDIBLE ANOTARSE ANTES DO 16 DE ABRIL
teléfonos: 659323833 / 600585884
correo: coladodovento@gmail.com
ps _ A seguinte visita será polo Alto da Meda, Xunqueira de Espadañedo, Castelo de Maceda e museo de Niñodaguia, para o mes de xuño.
Foto: Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra
INFO DETALLADA DA VISITA
ROTEIRO A SEARA- LAGOA LUCENZA- FORMIGUEIROS- A SEARA:
DATA: 23 DE ABRIL
HORA DE SAÍDA: 8:30
LUGAR DE ENCONTRO: FRENTE GASOLIÑEIRA AO LADO DO SUPERMERCADO DÍA EN MONFORTE DE LEMOS
HORA DE INICIO DO ROTEIRO: 9:30 aproximadamente NO LUGAR DE A SEARA
DURACION: 4,5 - 5 HORAS
HORA APROXIMADA DE CHEGADA: 14:30 HORAS
DIFICULTADE: MEDIA- ALTA
DISTANCIA: 11, 5 KM
Comeremos no MESÓN A SEARA. O menú será de 17€
Primeiro prato: ensaladilla ou caldo
segundo prato: tenreira ou lacón
Postre e café
Advertimos de que nos 4 primeiros kilometros ata a subida a Formigueiros a dificultade é alta, xa que ascenderemos de 962 m, no lugar de A Seara, ata os 1600 m do Alto de Formigueiros. Logo, será baixada continua.
Lembrade que mañá luns será o último día para reservar no Mesón.
O COLADO DO VENTO, Xunta Directiva
Sem comentários:
Enviar um comentário