outono de 2015
NOVEMBRO
* Domingo, 1 de novembro
Andaina entre o castro da Cividade (Bolmente) e o Castriño (Barantes).
Enlazaremos estes dous castros con impresionantes vistas nunha ruta circular de aproximadamente 8 km.
Acompañaranos un grupo sendeirista da zona de Vigo.
Comezaremos ás 10:30 h no Pinal, en Bolmente.
A ruta levará unhas tres horas.
Non é preciso anotarse.
Seguiremos máis ou menos este circuito, xa realizado polo Colado do Vento, con algunha variante:
http://coladodovento.blogspot.com.es/2011/06/andaina-entre-barantes-e-bolmente.html
* Domingo, 8 de novembro
Roteiro por Monforte en torno ao “Cancioneiro de Monforte de Lemos” de Manuel María.
Será unha xornada de mañá e de tarde.
Haberá xantar organizado en Monforte para quen o desexe, para o cal hai que anotarse antes do 4 de novembro (coladodovento@gmail.com /600712389).
A saída está prevista para as 10:15 h diante dos Escolapios. O remate, sobre as 19 h na escultura de Manuel María.
Guiaranos Xosé Martínez Rodríguez, a quen llo agradecemos inmensamente.
Esta ruta realizarase en conxunto co colectivo Lemos Le.
Haberá lectura de poesía, acompañamentos musicais e realizaremos unha ofrenda floral, tendo a xornada vontade participativa.
* Domingo, 15 de novembro
Sendeirismo en torno á historia do “Coxo de Bulso”.
Realizaremos unha andaina sinxela, de aproximadamente 10 km, facendo parte da ruta “O Coxo de Bulso”, deseñada polo Colado do Vento.
Acompañaranos un grupo sendeirista da zona de Vigo.
Comezaremos ás 10 h na praza do cruceiro de Pinol, xunto á igrexa.
A ruta levará unhas tres horas.
Non é preciso anotarse.
http://coladodovento.blogspot.com.es/2007/08/por-terras-de-brosmos.html
* Domingo, 29 de novembro
Ruta da feira de Parada.
Deseñada por Xesús Verao.
Con este camiño de aproximadamente 8 km rememoraremos a andaina tradicional a pé dende a zona de Sober ata a feira de Parada de Sil.
Sairemos de Barantes e cruzaremos o río en barco, para subir a ribeira ata Parada de Sil, onde xantaremos.
Aproveitando a estancia, pola tarde visitaremos a fábrica de chocolate de Teimende.
Quedaremos en Barantes ás 9:00 h.
Prazas limitadas: 50 prazas.
É preciso anotarse antes do 23 de novembro. No caso de cubrirse as prazas terán preferencia as persoas socias.
DECEMBRO
* Presentación da páxina web do Colado do Vento, renovada no seu deseño e máis áxil para a consulta de contidos.
NOTA - Entre medias tamén realizaremos unha viaxe exploratoria para preparar unha ruta pola zona de Trives e Caldelas.
Sem comentários:
Enviar um comentário