Visita a Xunqueira de Ambía, Allariz e Augas Santas: 11 de maio de 2014

Basílica da Asunción (Augas Santas).
O domingo, 11 de maio de 2014, imos coñecer a igrexa de Santa María a Real, en Xunqueira de Ambía, a vila de Allariz e a parroquia de Augas Santas.

Saída: 9:30 de Monforte (explanada da Compañía).
Imos en autobús, polo que é preciso reservar praza antes do 9 de maio.

* Prezo do bus para persoas socias: 10 €
* Prezo do bus para non socias: 15 €
NOTA - O prezo poder ser inferior dependendo do número de xente anotada. 

Pola mañá: visitamos a colexiata de Santa María a Real, en Xunqueira de Ambía e a vila de Allariz, onde trataremos de facer visita guiada polo patrimonio da vila.

Santa María de Xunqueira de Ambía (foto: Turgalicia).
 
Allariz (foto: Concello de Allariz).
Xantar: en Allariz (precísase que vos anotedes antes do 9 de maio; buscaremos un lugar barato para comer; se levades xantar, non é preciso anotarse para xantar).

Pola tarde: visita guiada pola parroquia de Augas Santas, con José Ramón Seara, da Asociación de Estudos de Santa Mariña de Augas Santas, como guía. Visitaremos a igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, a basílica da Asunción, coa súa cripta, o "Forno da Santa" (recoméndase levar lanternas) e o castro de Armeá (aprox 1.5 km de ruta a pé).

Santa Mariña de Augas Santas.
 
Castro de Armeá (foto: Manuel Gago).
 
Cripta da basílica da Asunción.
Inscricións en coladodovento@gmail.com, indicando se se reserva bus e xantar ou só bus.

Sem comentários: