* A ruta en Wikiloc (aquí).
O vindeiro domingo, 27 de abril de 2014, imos de ruta de sendeirismo pola Pobra do Brollón.
É unha ruta que dura aproximadamente tres horas con ritmo lento, de dificultade media.
Serán uns 8 km de percorrido, nunha ruta circular que sae de San Vitoiro, pasando por Covas e o Muíño do Coxo.
Sairemos en coches particulares ás 10 h das "casiñas" da Compañía de Monforte de Lemos.
Cada persoa levará a súa comida para xantar ao remate da ruta ao aire libre na fermosa área de San Vitoiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário