O domingo, 16 de marzo, faremos unha ruta de sendeirismo que sigue o curso da [PR-G 162] e que ten como fitos principais a igrexa de Diomondi, os sartegos antropomorfos de San Pedro de Cela e a igrexa de Santo Estevo, así como fermosas vistas sobre a ribeira do Miño.
Quedada (en coches particulares):
- Sober - 9:30 h (praza do Concello).
- Monforte - 9:30 h (praza da Compañía, saída do aparcadoiro do parque dos Condes).
Saída da ruta: 10:00 h - Diomondi (previamente, deixarase algún coche en Santo Estevo).
Chegada: aprox. 13:00 h - Santo Estevo do Miño.
Ao remate, é posíbel que poidamos visitar un taller de restauración en Pesqueiras.
Que traer? Roupa e calzado cómodos, auga e algún tentempé para o camiño.
Sem comentários:
Enviar um comentário