O sábado, 20 de abril de 2013, temos a primeira xornada de aprendizaxe de boas prácticas agrícolas na nosa horta comunitaria.
Será ás 16:00 h no lugar dos Navás, en Anllo San Martiño. A horta vese dende a carretera Sober-Os Chancís. Ver no mapa aquí.
Por se alguén non sabe como ir, quedaremos tamén en Sober ás 15:45 h, diante do Concello.
Nesta primeira sesión, faremos e falaremos do seguinte:
- Preparación do terreo.
- Deseño xeral da horta.
- Elaboración de bancais.
- Sistema de rego.
- Elaboración de compost.
- Abonado.
- Acolchado.
- Planificación da plantación e obxectivos xerais.
Recoméndase traer uns guantes.
Podedes contactar en coladodovento@gmail.com e 636129233
Podedes contactar en coladodovento@gmail.com e 636129233
2 comentários:
Ola! Gostaríame participar na xornada, teño que anotarme nalgures o é libre? Gracias!
E libre, si. Nesta primeira xornada tamén imos ver que grupo nos xuntamos. Con aparecer xa está.
Enviar um comentário