Os muíños denomínanse polo mote da casa do dono.
Loxicamente, os muíños estaban comunicados entre eles. Nos Portelos había un camiño ao que lle chamaban O Camiño Novo. Hoxe están practicamente cegos, pero antigamente foron moi transitados.
Ameneiro ou amieiro (o máis abundante).
Bidueiro ou bídolo.
Carballo.
Piñeiro.
Salgueiro.
Chopo.
Olmeiro.
Castiñeiro
Freixo.
Acacia.
Xesta.
Xesta rubia.
Érbedo.
Aciñeira.
Cirdeira.
Tomiño.
Romeo.
Silva.
Videira.
PLANO DOS MUÍÑOS E ESTADO DE CONSERVACIÓN
[NOTA - Hai que ter en conta que algúns dos muíños están sendo rehabilitados por un Obradoiro de Emprego, co cal esta información pode cambiar proximamente].
1 - Do Xosé de Vales - Desaparecido.
2 - Do Sindo do Faldrán - Estado aceptábel de conservación.
3 - Do Sindo do Faldrán - En moi bo estado de conservación.
4 - Escaleira de Vales, do Sindo do Taro - Estado ruinoso.
5 - Do Riol de Camilo - Desaparecido.
6 - Do Guicho - Estado ruinoso.
7 . Do Ferreiro - Estado ruinoso.
8 - Do Arias de Arxemil - Desaparecido.
9 - Do Noguedo de Santiorxo - Estado ruinoso.
10 - Do Roque do Arroxó - Entre maleza, ruinoso.
11 - Do Conde de Camilo - Entre maleza, ruinoso.
12 - Do Souto de Arroxó - Conserva as paredes.
13 - Do Chucán de Matamá - Ruinoso, conserva algunha roda.
14 - Do Roque do Arroxó - Restaurado por atoparse en bo estado de conservación.
15 - Do Nemesio Fernández da Boca - Conserva parte das paredes e das rodas. Restaurado.
16 - IDEM - Ruinoso.
17 - Do Ramiro Pérez da Boca - Conserva todos os elementos propios dun muíño.
18 - Do Chucán do Couto - Ruinoso, perto de viñedos. [NOTA - Hoxe restaurado cun deseño contemporáneo como fábrica de luz (que nunca funcionou)].
19 - Dos Navás - Conserva as paredes e o lintel da porta.
20 - Do Chucán do Couto - Inaccesible pola maleza.
21 - Do Conde de Camilo - Sen tellado dende 1987. Muíño de doble rodicio.
22 - Do Santomé do Arroxó - "O mellor", a dicir do informante.
23 - Do Nemesio Fernández da Boca - En bo estado de conservación. De noria vertical.
24 - Do Santomé de Arroxó - Sen cuberta, pero en bo estado.
25 - Pedras do Couto - De difícil acceso e ruinoso.
26 - Do Ramiro da Boca - Restos da canle e ponte.
27 - Do Toxedo - Desaparecido.
ELEMENTOS DUN MUÍÑO
A presa onde se desvía a auga do regato que se conduce por unha canle que por ir subida nun muro na parte final para aproveitar mellor a forza da auga.
O cubo por onde se precipita a auga, regulada polas canadelas, que ía parar ao rodicio; a auga cae nas pás do rodicio e move a vara que fai xirar a pedra situada sobre o pé. Todo é rodado pola caixa para que a fariña non se extenda polo muíño.
Por riba está a moxega onde se bota o grao e os andantes para mover a pedra á hora de picala. Nesta andar estaban os picos para preparar as pedras, as cribas ou peneiras. No andar interior atopábase, ademais do rodicio, o aliviadoiro, que era o lugar por onde saía a auga outra vez para o regato. As paredes eran de pedra granítica mampostada, xeralmente con xanelas para que entrase a luz. Cerca da porta acostumaba a haber unha ou varias pedras saíntes na parede: os pousadoiros.
Os muíños tiñan un dispositivo que o facía parar en canto se acababa o grao: a trampa que pechaba a auga. Tamén acostumaba a haber rodos, fouces e candís por se era preciso quedar pola noite.
Cando participaban as mulleres facíano cuns papeis específicos.
Cada muíño tiña o seu lugar e a súa clientela máis ou menos fixa. "Eiquí había moitos que cando había auga non había que moere e cando había que moere non había auga".
O muíño tamén era lugar para bromas. O informante estaba durmindo no muíño do Chucán cando veu o Secundino e díxolle:
- Levántate!
"Abrinlle a porta medio nu.
- E logo, que queres? - díxenlle -.
- Vístete que lle imos tocar o acordeón ó Chucán.
Mentres me vestía, el preparou unha ganzúa, mais con esta non deu aberto a porta (do muíño do Chucán). Entón, quitoulle a auga ó muíño e entrou por baixo. O Chucán estaba durmido coma unha pedra.
- Xa espertarás!
Quitoulle o acordeón e nunha manta que tiña o Chucán por riba fíxolle unha focha e botoulle auga.
Para o outro día o Chucán espertou mollado e sen o acordeón.
- Foi o Secundino do carallo!".
* Publicado orixinalmente na revista do IES A Pinguela (http://www.apinguela.com/) pola alumna de Proendos Leticia Sáez Rodríguez con informacións de Alfonso Campos. Publicámolo aquí con permiso da autora.
- Se queres tripticos coa ruta por estes muíños (en galego, castelán ou inglés) podes solicitalos por correo electrónico en javivivirido@terra.es.
10 comentários:
Xenial!! Gracias por compartir todo este traballo!! Non sabía que había tantos...e dende logo super recomendable esa ruta!!
Biquiños
Na outra ribeira de Sober, menos coñecida pero non menos fermosa, a do Cabe, está o muiño do meu bisavó. "O muiño do Adolfo"
Haberá que ir facer un día a ruta dos muiños da Xabrega, ten que ser unha delicia!!!
tomiño.m..s Planta perenne moi aromática de flores pequenas, brancas ou rosas, utilizada en cociña, farmacia e perfumería. Engadinlle ó estufado unhas ramiñas de tomiño.
corrixido: tomiño
seria bo facer un debuxo sinalando as partes do muiño, bueno só é un apuntamento. Como lle chamades aí o lugar onde está o rodicio, nalgun lugar chamanlle o inferno. Saudoa dende A Laaracha
Si, hai xente que lle chama "inferno".
Moitas Grazas por esta ruta dos muíños. Habrá que facela un día.
Olmo ou umeiro.
Bidueiro ou bidueira.
Olmeiro tamén é correcto.
Corrixido tamén.
Enviar um comentário