Mámoa do Alto dos Cousos (Doade)
Unha mámoa descoñecidaA asociación cultural soberina O Colado do Vento advertiu á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre a existencia dunha mámoa que ata agora non fora catalogada e que era descoñecida incluso polos veciños da zona. O túmulo megalítico encóntrase a algo máis dun centenar de metros da pista de aterraxe de avionetas dos servizos de extinción de incendios de Mourentán, na parroquia de Doade.Alfonso Campos, membro da mencionada asociación e concelleiro do BNG, sinala que a mámoa pasara desapercibida ata agora a pesar das súas considerables dimensións -cerca de trinta e cinco metros de diámetro e uns dous metros de altura na súa parte central- debido á maleza que cubría a zona. Os terreos foron desbravados en tempos recentes, ao parecer para deixar máis despexado o entorno do aeródromo. Se ben a súa existencia era descoñecida nas últimas décadas, non sempre foi así, xa que o lugar mostra sinais de ter sido violado por buscadores de tesouros, ao igual que sucedeu praticamente en todos os xacementos megalíticos galegos.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Quería felicitarvos polo voso bloge, e inaugurar este apartado de comentarios.
Eu teño atopado medorras grazas a toponimia, sempre é unha axuda, aínda que non hai como a tradición oral dos vellos. Cando falan dalgunha lenda , coma a da galiña con pitos; que aí estiven os mouros…. Poden servos de axuda para poder atopar outros restos arqueolóxicos.
Veña adiante co voso traballo. Saúde para tod@s .
Estou de acordo co que dis! E graciñas por comentar.
Hola graciñas polo artigo e despos de 10 anos seica o cocello quere por en valor a necropole, mais nao se en que estado se atopan
Enviar um comentário