Mámoa do Alto dos Cousos (Doade)


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Unha mámoa descoñecidaA asociación cultural soberina O Colado do Vento advertiu á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre a existencia dunha mámoa que ata agora non fora catalogada e que era descoñecida incluso polos veciños da zona. O túmulo megalítico encóntrase a algo máis dun centenar de metros da pista de aterraxe de avionetas dos servizos de extinción de incendios de Mourentán, na parroquia de Doade.Alfonso Campos, membro da mencionada asociación e concelleiro do BNG, sinala que a mámoa pasara desapercibida ata agora a pesar das súas considerables dimensións -cerca de trinta e cinco metros de diámetro e uns dous metros de altura na súa parte central- debido á maleza que cubría a zona. Os terreos foron desbravados en tempos recentes, ao parecer para deixar máis despexado o entorno do aeródromo. Se ben a súa existencia era descoñecida nas últimas décadas, non sempre foi así, xa que o lugar mostra sinais de ter sido violado por buscadores de tesouros, ao igual que sucedeu praticamente en todos os xacementos megalíticos galegos.
Casos únicos A mámoa esquecida presenta a singularidade de ser un dous únicos xacementos do período megalítico coñecidos actualmente no municipio de Sober. «A única mámoa que temos catalogada por agora é a da Carqueixa, na parroquia de Figueiroá», precisa Campos a este respecto. Nos veciños municipios de Pantón e O Saviñao, polo contrario, hai unha importante representación deste tipo de monumentos prehistóricos. O túmulo dificilmente será obxecto de escavacións arqueolóxicas nun futuro próximo, xa que no sur lucense hai decenas de monumentos megalíticos e castrexos que tamén están pendentes de investigar. Pero despois de que sexa catalogada por Patrimonio, a mámoa quedará polo menos legalmente protexida contra posibles destrozos ou agresións. «Entrar no inventario de Patrimonio xa garante unha protección, pero imos intentar que se introduza tamén no PXOM para que a súa conservación estea mellor asegurada», apunta Campos.

* 30 de maio de 2010. La Voz de Galicia. Edición Lemos.

2 comentários:

Anónimo disse...

Quería felicitarvos polo voso bloge, e inaugurar este apartado de comentarios.
Eu teño atopado medorras grazas a toponimia, sempre é unha axuda, aínda que non hai como a tradición oral dos vellos. Cando falan dalgunha lenda , coma a da galiña con pitos; que aí estiven os mouros…. Poden servos de axuda para poder atopar outros restos arqueolóxicos.
Veña adiante co voso traballo. Saúde para tod@s .

Paula Verao disse...

Estou de acordo co que dis! E graciñas por comentar.