Unha
Unidade Didáctica para coñecer o Concello de Sober
O
Colado do Vento presenta este traballo o do
mingo día 20 en Sober
14
de xuño de 2021
Dende
a Asociación Cultural O Colado do Vento queremos reiniciar a
actividade logo destes longos meses pandémicos coa presentación da
Unidade Didáctica “Coñece o teu Concello”.
Este
traballo editámolo en 2020, unha Unidade
Didáctica sobre o Concello de Sober que sirve para que nenos e nenas
coñezan a historia das nosas parroquias. Con fotografías, mapas e
comentarios sobre Historia, a toda cor.
Trátase
dunha reedición dun exercicio de Maxisterio do ano 1995,
elaborado e levado a cabo por Alfonso Campos Pérez no centro
educativo Virxe do Carme. Un cuarto de século despois, consideramos
que o material ten moito valor como recurso docente, que permite a
interacción da comunidade educativa co seu entorno e que incide en
valores fundamentais para construír unha sociedade cun futuro xusto,
como son o ecoloxismo, a identificación co patrimonio cultural e o
respecto pola diversidade.
De
feito, este material será usado tamén no campamento de verán do
Concello de Sober.
O
vindeiro domingo 4 de xullo presentarémolo na praza do Toural de
Sober ás 12 h, aproveitando para convocar ás persoas socias a este
encontro e falarmos das actividades deste ano 2021. Asemade,
presentarase tamén en xullo no marco das actividades do campamento
municipal “Coñece o teu Concello”.
Cada
persoa socia do Colado do Vento
terá un destes libros de xeito gratuíto – é
o noso xeito de ofrecer un detalle ás persoas socias, logo de non
poder levar adiante actividades en 2020 -
e, ademais, poderá conseguir outro máis cunha contribución de 5 €.
A contribución que se pedirá para persoas non socias polo libro
serán 10 €.
Dende
o Colado do Vento agradecemos o apoio de todas as persoas sociais, do
Concello de Sober e da ANPA e profesorado do CEIP Virxe do Carme de
Sober.
XUNTA
DIRECTIVA DO COLADO DO VENTO