VIAXE NO TEMPO AO MUNDO CASTREXO

- Percorrido por distintos castros de Sober, achegándose perto deles en bus, tratando de ofrecer unha visión global da cultura castrexa.

- Saída do bus.
* Sober - 10 horas [9:40 nas Casitas da Compañía en Monforte]

- Xantar castrexo en Cadeiras, xunto ao castro de As Medorras (prezo 15 € // 10 € para nen@s).

- É preciso anotarse antes do 29 de Xullo en:

paulaverao@hotmail.com ou no 637502035

SOBER - 1 - AGOSTO - 2009

--- Organiza: O COLADO DO VENTO.
--- Colabora: Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

DESCARGA AO VIVO

ESPECTÁCULO SOBRE REPERTORIO HISTÓRICO DE
COMPOSITORES GALEGOS EN CUBA

A Descarga ao Vivo chega a Europa
A xira do combo cubano-galego actuará en Coruña, Santiago e Vigo a finais de xullo. Músicos de recoñecido prestixio forman parte deste grupo xuntado para este espectáculo que xa actuou no Teatro Mella de Cuba en febreiro do 2008 durante a Feira do Libro de La Habana.
Descarga ao vivo é un espectáculo musical que xunta artistas de Galiza e Cuba redescubrindo a enorme riqueza que atesoura este patrimonio musical compartido. Deseñado e producido por aCentral Folque - Centro Galego de Música Popular, é unha proposta escénica de música instrumental, canción e danza con artistas profesionais galegos e cubanos. Un percorrido por composicións históricas de autores emigrados á illa dende finais do século XIX e novas creacións dos propios músicos da ensemble.
A Descarga ao Vivo foi presentada nun concerto en Febreiro dentro da ‘Feria Internacional del Libro de La Habana 2008’. Os seus protagonistas reuniranse de novo onde farán unha serie de actuacións polas cidades galegas e gravarán un disco ao vivo. O profesor de aCentral Folque, Ramón Pinheiro, desprazouse no 2007 durante un período de catro meses a Cuba. Alí realizou un traballo de investigación sobre os vínculos musicais compartidos, moi notábeis tendo en conta que os galegos foron o principal pobo inmigrante na historia contemporánea cubana. Froito desa investigación é o libro “A la Habana quiero ir. Los gallegos en la música de Cuba” recentemente publicado.

Podes escoitar cancións, ver extractos do concero e atopar entradas AQUÍ.
Intérpretes musicais
Alejandro Vargas - Piano e teclados
Raciel Jiménez - Batería
Ernesto Vega - Saxo e Clarinete
Adonis Rios - Percusións
José M. Díaz - Contrabaixo e baixo eléctrico
Pedro Pascual - Acordeón diatónico e bouzouki
Marcos Teira - Guitarra flamenca
Edelmiro Fdez - Gaita
Óscar Fdez - Sanfona
Quim Farinha - Violino
Gutier Álvarez - Violino
Xabier Díaz - Voz e percusión
Ugia Pedreira - Voz
Guadi Galego - Voz


Repertorio
Alborada galega - Pascual Veiga
Cuba-Galicia - Guillermo M. Tomás
Un adiós á Mariquiña - José Castro Chané
Empanada de pollos - Rep. Quinteto Monterrey-Edelmiro Fdez
O Indiano - Ricardo Fortes Albarellos
Del Ferrol a La Habana - Juan Parga
Hermoso cielo cubano/Caldeliñas - Antonio Rdez Álvz -Repert.Quinteto Monterrey
[Antonio Rodríguez é "o Rei", director da Banda de Música e Alcalde de Sober elixido en febreiro de 1936 que, tras o golpe militar de xullo, se exiliou a Cuba, onde foi recoñecido o seu labor como compositor, sendo as súas pezas das máis interpretadas e radiadas do país. Teremos este xullo, gracias á labor de aCentral folque, dos intérpretes do concerto e, en especial, de Ramom Pinheiro, o privilexio de escoitar por primeira vez en Galicia obras súas].
2ª Guajira - Manuel Quiroga Losada
Danzón - José F. Vide
Miña Ruliña. Habaneira - Popular Galicia
Rumbas - Popular - Cuba/Galiza

ROTEIRO: RIBEIRA DO AMANDI 31-MAIO-09

Partimos de Souto Chao, con vistas á Pena do Castelo, por pistas entre as viñas, deixando atrás o castro das Borreas ata chegar á Tenencia, en Amandi. Ca Castrela á esquerda, fomos baixando ata o miradoiro dos Chelos, para coller logo outra pista que nos levou ata o Souto de Chanteiro, localización dunha vila romana, onde se atopan vestixios castrexos e romanos a esgalla, a carón da mítica Ibia dos homes grandes e fortes que subiron polo río e fundaron o pobo. A calor fixo que nos viñese buscar o bus a este lugar (só uns cantos intrépidos seguiron a pé ata Cadeiras), parando, de paso, no entorno de Sampil para ver os petroglifos do Barcal, perto do Castriño. Achegámonos logo a Cadeiras para o xantar, gardados polo castro das Medorras, a Pena da Virxe e o santuario inconcluso do s. XVIII.

Foron 5 km, catro parroquias, cinco castros e moita calor nunha xornada entre amig@s que deu comezo ás actividades de O COLADO DO VENTO deste verán.

Un saúdo a tod@s @s participantes, ós que non puideron vir e a todas as persoas que colaboraron connosco nesta actividade.

* Por certo, o gañador do sorteo dunha peza de cerámica de Gundivós é Germán López Quiroga. Parabéns.

Sober, maio de 2009.
O 31 de maio, imos de camiñata pola ribeira de Amandi, nun percorrido que discorre a carón do Sil polas parroquias soberinas de Doade, Amandi e Pinol; 8 quilómetros con inicio en Souto Chao e remate en Cadeiras, onde xantaremos.
Os elementos de interese deste roteiro son a beleza da natureza, a cultura do viño que se manifesta na propia paisaxe, os cinco castros que dominan o percorrido, os petroglifos de Sampil, as evidencias de época romana ou as mil e unha historias desta humanizada ribeira que, segundo contou o Constante de Portabrosmos, foi poboada polos ibios, homes grandes e fortes que subiron polo río.
Un saúdo.
O COLADO DO VENTO.
* Máis información aquí.

ENQUISA: ACTIVIDADES DO 2008

Dende O COLADO DO VENTO queremos avaliar o grao de interese que espertaron as nosas actividades na sociedade. Para iso, habilitamos neste recanto da Rede unha enquisa sobre as actividades e proxectos acometidos pola Asociación durante o ano 2008.
Podedes participar enviando as respostas á enquisa á dirección de correo paulaverao@hotmail.com.
Entre as respostas enviadas sortearase unha peza de olería de Gundivós.

ENQUISA

a. Elixe entre as seguintes a actividade ou proxecto de O COLADO DO VENTO que che parecese máis interesante:

1-Ruta de Sendeirismo: O PRODIXIOSO SALTO DO CABALO DE SANTIAGO (ver).
2-IIº ROTEIRO Á LUZ DA LÚA (ver).
3-UNHA VISITA Ó ROMÁNICO DE SOBER (ver).
4-Publicación de UN POUQUIÑO DE TRADICIÓN ORAL (ver).
5-A propia WEB de O COLADO DO VENTO.

b. Valora, asignando números do 1 ó 5, as actividades anteriores.

c. Dinos que publicación de O COLADO DO VENTO che parece máis interesante (ver publicacións).

d. Valora, asignando un número do 1 ó 5, as seguintes seccións da páxina web.

- LENDAS
- PETROGLIFOS
- PUBLICACIÓNS
- SENDEIRISMO
- ACTIVIDADES
- GALICIA TRIP
- GALERÍA

* Para realizar o sorteo asignarase, por orde de chegada, un número de tres cifras (000, 001, 002 ...) a cada mensaxe enviada (só unha desde cada dirección de correo electrónico). Gañará a mensaxe co número cuias dúas últimas cifras correspondan cas dúas últimas cifras do sorteo da ONCE do sábado 30 de maio de 2009 (se participades máis de 20 persoas, pode haber máis dunha gañadora). Se ás dúas últimas cifras do sorteo non coincidiran con ningún dos números asignados, a gañadora será a persoa á que se lle asignase o número máis próximo.

ABRIL: MES DOS LIBROS

ENCONTRO LITERARIO CON LOIS DIÉGUEZ 22-abril-2009

XORNADA DE LECTURA COMPARTIDA 25-abril-2009

* Actividades do Club de Lectura "Pintor de Castinade" da Biblioteca Pública Municipal de Sober.

GALICIA TRIP

Este será o álbum de viaxes do Colado do Vento por Galicia (a real, non a administrativa), estampas do país que pretenden ser reflexo da riqueza cultural, natural e humana da nosa terra.
Pódense ver fotos e descripcións no seguinte enlace: GALICIA_TRIP