ENQUISA: ACTIVIDADES DO 2008
Dende O COLADO DO VENTO queremos avaliar o grao de interese que espertaron as nosas actividades na sociedade. Para iso, habilitamos neste recanto da Rede unha enquisa sobre as actividades e proxectos acometidos pola Asociación durante o ano 2008.ENQUISA
a. Elixe entre as seguintes a actividade ou proxecto de O COLADO DO VENTO que che parecese máis interesante:
1-Ruta de Sendeirismo: O PRODIXIOSO SALTO DO CABALO DE SANTIAGO (ver).
2-IIº ROTEIRO Á LUZ DA LÚA (ver).
3-UNHA VISITA Ó ROMÁNICO DE SOBER (ver).
4-Publicación de UN POUQUIÑO DE TRADICIÓN ORAL (ver).
5-A propia WEB de O COLADO DO VENTO.
b. Valora, asignando números do 1 ó 5, as actividades anteriores.
c. Dinos que publicación de O COLADO DO VENTO che parece máis interesante (ver publicacións).
d. Valora, asignando un número do 1 ó 5, as seguintes seccións da páxina web.
- LENDAS
- PETROGLIFOS
- PUBLICACIÓNS
- SENDEIRISMO
- ACTIVIDADES
- GALICIA TRIP
- GALERÍA
* Para realizar o sorteo asignarase, por orde de chegada, un número de tres cifras (000, 001, 002 ...) a cada mensaxe enviada (só unha desde cada dirección de correo electrónico). Gañará a mensaxe co número cuias dúas últimas cifras correspondan cas dúas últimas cifras do sorteo da ONCE do sábado 30 de maio de 2009 (se participades máis de 20 persoas, pode haber máis dunha gañadora). Se ás dúas últimas cifras do sorteo non coincidiran con ningún dos números asignados, a gañadora será a persoa á que se lle asignase o número máis próximo.
ABRIL: MES DOS LIBROS
XORNADA DE LECTURA COMPARTIDA 25-abril-2009
* Actividades do Club de Lectura "Pintor de Castinade" da Biblioteca Pública Municipal de Sober.
GALICIA TRIP
Este será o álbum de viaxes do Colado do Vento por Galicia (a real, non a administrativa), estampas do país que pretenden ser reflexo da riqueza cultural, natural e humana da nosa terra.UN POUQUIÑO DE TRADICIÓN ORAL (II)
* Pódese pedir un exemplar en papel en paulaverao@hotmail.com
LIMIAR
Hai anos, no 2002, o Grupo O TRÍCOLE e O COLADO DO VENTO editamos un libriño chamado Un pouquiño de Tradición Oral no Concello de Sober, pequena escolma de lendas, contos, cantos e outras manifestacións da Cultura oral das nosas xentes.
O impulso que motivou aquela publicación e que motiva a recollida da tradición oral está hoxe aínda máis vivo: o vertixinoso cambio nas comunicacións humanas e a progresiva perda de poboación que converteu a Sober no municipio estatal de máis dun millar de habitantes máis envellecido.
Ademais, outro motivo de facer esta segunda edición de Un pouquiño de Tradición Oral…, con máis mostras da nosa Cultura tradicional, é o feito de que aquel pequeño libriño do 2002 é un dos máis consultados na Biblioteca Pública Municipal e un dos máis reclamados polas xentes de Sober.
Xa que logo, ofrecemos este Un pouquiño de Tradición Oral II agardando que as nosas tradicións gocen de boa saúde, isto é, que sigan transmitíndose, estudándose, valorándose… en fin, que dende o noso propio ser sexa dende onde construamos o noso futuro.
O TRÍCOLE. O COLADO DO VENTO
FOTOS VISITA Ó ROMÁNICO
O domingo 26 de outubro a Asociación Cultural O COLADO DO VENTO, de Sober, organizou unha visita ás cinco igrexas románicas, ou que conservan elementos románicos, de Sober: Canaval, Proendos e Bolmente, pola mañá, e Pinol e Lobios pola tarde.
A actividade, á que asistiron cincuenta persoas, tivo como leit motiv a Arte Románica mais, a partir desta, intentamos comprender como foi a vida nos séculos XII e XIII en Galicia.
Así, en Canaval, rexeitamos os tópicos que se lle achacan inxustamente á Idade Media (incultura, fanatismo relixioso, fame…) e contextualizamos a época politicamente, falando do Reino de Galicia, das peregrinacións, das ordes relixiosas, aproveitando que Canaval foi bailía templaria, etc.
En Proendos, aproveitamos o ábside románico da igrexa para explicar a linguaxe constructiva románica.
Xa en Bolmente, centrámonos na vida cotiá: as festas, os traballos, as vodas, a situación da muller…
Despois de xantar na Casa da Parroquia de Bolmente fomos a Pinol, onde falamos sobre a arquitectura e pintura románica, aproveitando os fermosos elementos escultóricos desta igrexa: un canzorro cun monstro, unha estrela de Salomón, un capitel ca representación do Pecado Orixinal…
Contra ás seis da tarde chegamos a Lobios, á interesante igrexa do antigo mosteiro, onde disfrutamos dunha actuación musical de pezas de aire medieval por parte do Grupo “O Trícole”, aínda que a música nos acompañou en cada un dos templos, pois interpretáronse cantigas de amigo e outras de Santa María, de Afonso X O Sabio, rememorando a etapa dourada da literatura galega: a lírica galego-portuguesa con esplendor no s. XIII.
O COLADO DO VENTO quere dar as gracias a todas as persoas participantes na actividade pola súa asistencia, en particular a todos os que se vestiron de época e ás que nos abriton as igrexas, e polas interesantes aportacións que foron xurdindo ó longo do camiño.
VISITA Ó ROMÁNICO DE SOBER
VÍAS DE COMUNICACIÓN
| Estación de tren de Canaval. |
As vías actuais de comunicación co exterior son, por estrada, a N-120, que enlaza Ponferrada e Ourense-Vigo, e as estradas comarcais que enlazan con Monforte, Pantón e Castro Caldelas; por ferrocarril, Sober é atravesado polo norte pola vía férrea entre Monforte e Ourense, contando cunha estación en Canaval e un apeadeiro en Areas, Rosende.

