NOVIDADES
Maio, 2008 

- Domingo, 25 de maio de 2008. Roteiro: O PRODIXIOSO SALTO DO CABALO DE SANTIAGO.
- Sábado, 3 de maio de 2008. Actuación do Mago Rafa na Casa da Cultura de Sober. Programa Titirimaxia da Consellería de Cultura e Deporte. Os monicreques de Kukas tamén estarán en Sober. Ver programa FINde'Sober do Concello (aquí).

- Luns, 5 de maio de 2008. Reunión para constituír o GDR da Comarca de Lemos e Quiroga no marco do Programa Leader de Galiza 2007-2013.
- Sábado, 17 de maio de 2008. Día das Letras Galegas. Concerto do arpista José Antonio Domené. Primavera Musical, organizada polas Xuventudes Musicais de Sober.
- Sábado, 24 de maio de 2008. Homenaxe a Tadeo Guitián no centenario do seu nacemento.

Abril, 2008
- Convocados Concellos e Asociacións a unha reunión para iniciar os contactos de cara a poñer en marcha o Grupo de Desenvolvemento Local que integra á Comarca de Lemos, Quiroga e O Courel, financiado polos fondos do programa Leader 2007-2013.
A Asociación Cultural O Colado do Vento participará na reunión, pois é un dos colectivos que se anotou como interesado en formar parte do programa Leader. Tamén están apuntadas as seguintes asociacións de Sober: Xuventudes Musicais de Sober, Asociación de Veciños Proencia e Asociación Micolóxica O Pingadouro.

Venres, 18 de abril de 2008.
- Continúa a Primavera Musical de Sober (programación aquí), organizada por Xuventudes Musicais de Sober.
- Continúa a Primavera Musical de Sober (programación aquí), organizada por Xuventudes Musicais de Sober.
O INCHAÍN
Coñécese en Neiras como regato do Inchaín (aínda que a toponimia oficial o denomina Regato da Ferreira). Nace en torno ás minas de Freixo e desemboca no río Fervedón, que vai morrer ó Cabe.
Trátase dun regato encaixado nunha fenda natural, que forma, salvando as distancias, un canón coma o do Sil. O feito de ir encaixonado impídelle depositar apenas nas marxes os materiais que arrastra.
Como ten que salvar un desnivel de máis de 200 m é considerable a velocidade das augas e conta con algunha pequena fervenza, que na caída, por efecto do arrastre de materiais, excava o leito do río formando pilancóns [Cavidades circulares no fondo rochoso dunha corrente de auga, excavados polo efecto de pulido e trituración dos cantos que xiran en remuíño.], o que aquí chamamos olas, das que temos un importante exemplo na Devesa.
Trátase dun regato encaixado nunha fenda natural, que forma, salvando as distancias, un canón coma o do Sil. O feito de ir encaixonado impídelle depositar apenas nas marxes os materiais que arrastra.
A vexetación da ribeira do Inchaín é predominantemente arbustiva de tipo mediterráneo (lavándula, uz, fento, xesta, etc.), mentras que en torno ó curso de auga se forma un bosque galería, con bídulos e outras especies. Na marxe esquerda, no curso baixo, hai unha pequena carballeira.
NOVOS CONTIDOS
Subscrever:
Mensagens (Atom)