ruta de sendeirismo - "O coxo de Bulso" - Por terras de Brosmos
domingo, 25 de marzo de 2012
* saída (en coches particulares):9:15 10:15 horas (HORA NOVA) de Sober (praza do Concello) - 9:30 10:30 horas (HORA NOVA) no punto de saída da ruta (praciña do cruceiro de Pinol). [Na madrugada do 25 hai cambio de hora].
domingo, 25 de marzo de 2012
* saída (en coches particulares):
* ruta circular.
* 12,3 km
* ruta con moi pouco desnivel (102 m), moi sinxela.
* duración: unhas 4 horas.
Puntos de especial interese: igrexa románica de Pinol - agro das mámoas - petróglifo do Preguiceiro - casa grande de Veliños - igrexa románica de Lobios - souto de Lobios - petróglifos de Sampil (3 conxuntos) - petróglifo do Val da Raña - cruceiros de Pinol, Santiorxo e Lobios.
Non é preciso anotarse. Para as persoas que desexen levar xantar para comer ao remate da ruta, recomendámoslles xantar na área de Cadeiras.
Ás persoas participantes facilitaráselles un folleto cun mapa da ruta a toda cor.
A vindeira ruta de sendeirismo do Colado do Vento será o domingo 8 de abril, entre Augas Mestas e Vilachá de Salvadur, da que informaremos.
* Máis información da historia do Coxo de Bulso: aquí.