"Pois o papá e a mamá sentiron. De noite formouse unha chuvia, e aí andaban os mouros cavando no Castriño, entre os castiñeiros e
unhos penedos, como unha mina, cavando para sacar unha cadea de ouro; porque
iba unha cadea de ouro (pero ó cabo
nadie o
soupo) por unha peneda que hai no río por baixo de Ravacallos. Había un penedo
largo e
entonces esa cadea de ouro querían mirar se a quitaban os antigos de antes. ¡Porque era cousa de
Dios ou do demo; eu non sei o que era!

Cavaron, e entonces cando estaban cerca dela, formouse unha tronada, e baixou a cadea e abriuse o penedo e alí se meteu. Entonces o papá e a mamá estaban na cama e sentiron o ruido: ¡Uuuuuuuh…! "¡Eso será o trono! Pero o trono non parece. ¿Qué será?" Levantáronse a mirar e estaba esclarecido, chovía, pero estaba claro. Despois non sei como foron ó río e dixeron:
- ¡O penedo por baixo de Ravacallos está fendido!... Está o penedo aberto, ¿cómo sería para abrire? - diron en decir os antigos -.
E, efectivamente, os que estiveron alí, falárono e volveron cavar, e xa non viron nada. Mira que sentiron o sonido da cadena, pero non a viron. Está metida entre o penedo, e ahora o río é grande e, xa ves, ¡si fora en tempos!"
- Recollida de:Lola do Cuco do Pacio --- Santiorxo ---16-VI-2001.