Notas do curso Home, auga e paisaxe na Ribeira Sacra.

* Accede aquí ao documento.

O viño chega a Galicia antes que a vide: os romanos tran o viño a Galicia, como produto comercial, pero que non é ata época sueva cando se inicia o cultivo da vide no noso país.
Non hai ningunha evidencia de que na Ribeira Sacra, coma no resto de Galicia, se cultivase viño en época romana, polo que a historia do viño de Amandi consumido polos emperadores de Roma non é máis cá unha ensoñación.
Ata aquí as notas das conferencias. Calquera erro é só atribuíbel á transcrición, non aos ponentes.
A cuestión de por qué nos interesan máis as películas de romanos cá a complexa e interesante realidade que pouco a pouco imos desentrañando é outro asunto, relacionado coa mecánica de ver todo con ollos de consumidor, e será que ao consumidor lle interesa máis a Roma imperial imaxinada que unha comarca campesiña da Romania pero, como deixou dito Kant, “cómpre distinguir aquilo que ten dignidade do que só pode ter valor”.


Paula Vázquez Verao - 21 - novembro - 2010.

5 comentários:

Raíz Verde disse...

A primeira viña datada na hoxe chamada Ribeira Sacra (un producto do marketing... ) é en Atán segundo os documentos do mosteiro de San Estevo de Sil. Sobre as prácticas agrárias na Ribeira Sacra recomendo os artigos de Jose Antonio Lopez Sabatell nos que se fai unha análise bastante rigorosa das fontes historicas.

Un saúdo

Paula Verao disse...

Totalmente de acordo co que apuntas.

A Ulloa en fotos disse...

Moi interesante pero é unha mágoa que o do viño de Amandi e os romanos sexa un invento. Tiña o seu aquel...

Saúdos dende A Ulloa

Paula Verao disse...

Era romántico si, pero é o que hai ata que se demostre o contrario.
Unha aperta dende Sober, vide visitarnos cando queirades dende a Ulloa.

Raíz Verde disse...

Eu creo que os canóns do Sil e a ribeira de Amandi non precisan dun invento para valorizarse ou para ter o seu aquel... Calquera que coñeza a zona saberao ben, a súa paisaxe, a viticultura heroica, etc. Sobran para que teña o seu aquel, só os produtos do marketing precisan diso.