ARA DE LIÑARÁN



Ara votiva romana situada como base dunha columna do adro do lado sur da igrexa de Liñarán (Sober).

Inscrición latina: LVGVBO ARQUIENºB CAIVS IVLIVS HISPANVS V.S.LM

Tradución (segundo Nicandro Ares): “Caio Xulio César Hispano pagou gustoso en xustiza o voto aos Luguves Arquenios”

LENDAS ASOCIADAS

Contáballe a avoa que antes Momelle, A Pousa, As Quintas, Cima de Vila e O Pacio eran de Proendos e O Castro e A Lama eran de Gundivós. Cando fixeron a igrexa de Liñarán aproveitaron as pedras que había no Monte de San Roque, antigamente cuberto por un souto grande de castiñeiros. Alí pola tapada do Argallo había a capela a Santa Catalina e outra a San Roque. Dalí trouxeron a pedra para facer a igrexa e as columnas e a ara romanas. Da tapada do Argallo viñan os anacos de tella cos que xogaban á raiña de nenas. Trouxeron os santos das capelas e a campá da igrexa que di “vale quen tén” cando soa.

* Nai da Rosa da Lama de Gundivós --- Gundivós --- 12-VIII-2005. Recollida por A. Campos.

Hai un simpático dicho en torno a la “campana” de Liñarán, que dice que al tocar en ella con el “badal”, la onda sonora da la impresión de decir “vale que ten”… Y nada más cierto desde el punto de vista práctico.

*FERNÁNDEZ LLANO, ENRIQUE,1977: Descripción del Término Municipal de Sober, páx.82. Imprenta Fénix, Monforte de Lemos.

PINOL (RUTA PETROGLIFOS)