A nobreza de liñaxe, señorial ou fidalgo, con poder económico e rendas, edifica estas casas brasonadas no rural compartindo, ás veces, a súa opulencia coas do clero e distinguíndose claramente das do común do pobo, verdadeira mao de obra xeneradora de riqueza.Foi feita a casa de Vilastrille no ano 1692 por Feijoo Sotomayor, pasando logo a ser a casa dos Méndez por cuestións matrimoniais. Figura como lugar de elaboración de moitos documentos, entre eles o Catastro do Marqués da Ensenada sobre as parroquias de Arroxo, Refoxo e Proendos. Por desgracia a documentación da casa foi queimada para acender o lume.
Foi escola ata mediados dos anos 70 do S. XX. Viven nela varios membros da familia Méndez.
Ó lado está a casa dos Catalinas, unha casa forte rodeada de unha ampla extensión de terreo. Ten documentación dende mediados do S. XVII entre a que figura unha árbore xenealóxica completa, e conserva a estructura e o mobiliario orixinais.
A chamada casa dos Oxeas en Proendos foi feita no ano 1715 pola familia Fernández Salgado Guitián, dona de outros solares como o de Tanquián en Pantón.
Conserva abundante documentación. Dende principios do S. XX pertence, por compra, á familia Sacristán.
En fronte, está a casa dos Vertunías, emparentados con moitas das casas grandes do Concello de Sober.

La casa de mi padre,la visité hace unos años,en ella vivían los Casanova
ResponderEliminarSoy Fernández Guitian
ResponderEliminarLa casa de mi madre y sus hermanosFernandez Guitian mi abuelo;Carballo Senra mi abuela
ResponderEliminar