Tomate aliñado


Este tomate colle o seu mellor sabor preparándoo cos tomates que teñamos gardados conxelados enteiros, que poden usarse de moitos xeitos.
Desconxelados os tomates, sepáranse das súas peles e nun recipiente fondo engádese cebola moi fina, un pouco de allo fileteado moi fino, ourego e aceitunas verdes e negras, sal, vinagre balsámico, un bon aceite e logo esmágase un pouco e déixase repousar.
Con este preparado, podemos:
- engadilo a leitugas e escarolas.
- quentalo un pouco sen que coza e usalo para acompañar pasta, engadindo queixo tamén, ao estilo napolitano.
- para pizzas (sen aceitunas); engadíndolle posciutto xa temos unha auténtica Margarita.
- engadíndolle ovo cocido e atún, como salsa con macarróns ou para cuscús en ensalada fría.
- para untar no pan.

Crema de cabaza e cabaciño


Algo un pouco máis interesante cá unha crema de cabaza.
O simple puré de cabaza, podemos facelo deste xeito, con estes ingredientes:
- cebola, un pouco pochada en aceite.
- un pouco de cabaciño.
- cenouras
- unha ou dúas patacas
- unha pizca de paprika en pó
- en lugar da auga, pode engadírselle caldo de polo ou de galiña feito na casa
Cócese e bátese todo ben e, no momento de ir á mesa, acompáñase cunha mixtura de pipas de cabaza e sésamo douradas no sartén, o cal se pode poñer nunha cunca.
Tamén se pode sobre o puré servido no prato, botar as pipas en círculos concéntricos e rodealos cun chorriño de aceite de oliva virxe.

Tarta de cabaza

Ingredientes:
Pasta de hoxaldre
800 gr. de cabaza cocida e ben escorrida 
125 gr. de fariña

1 sobre "royal"

325 gr. de azucre 
3 ovos

2 sobres de "flan el niño" (non leva azucre)

1 culleradiña de café de canela

4 culleradas sopeiras de aceite de xirasol

Elaboración:

Ferver a cabaza uns 20 minutos, esmagar co garfo e escorrer (deixala toda unha tarde ou mellor toda unha noite nun coador).
Poñer nun molde redondo de 32 cm de diámetro a pasta de hoxaldre e pinchar cun garfo.
Nun recipiente, poñer todos os ingredientes: cabaza, fariña, royal, azucre, ovos, flan, canela e aceite.
Mixturar todo coas variñas. 
Co forno xa previamente quente, verter a preparación no molde e enfornar; deixar 25 minutos. Baixarlle lume ao forno e deixar 20 minutos máis.
Sacar e espolvorear azúcar glass e canela ao gusto.

Cabelo de anxo

A cabaza coa que se elabora o cabelo de anxo chámase "cidra”.

Ingredientes:

1 cidra (cabaza)
Azúcar
Limón (opcional)

Elaboración:

Clavar a cabaza cun coitelo para que ao cocela non estoupe na pota.
Poñela a cocer en auga abundante e medio limón (opcional) durante máis de unha hora; non importa pasarse de tempo.
Sacala da pota, abrila e deixala escorrer.
Sacarlle as frebas con axuda dunha culler e eliminar as sementes.
Pasar as frebas por auga e deixar escorrer de novo.
Poñer unha pota co azucre que lle corresponda (medio kg de azúcar por cada kg de frebas de cabaza ou máis para maior dozura).
Engadir as frebas de cabaza e remover.
Deixar cocer removendo de cando en vez para que non se queime; agardar a que colla unha cor dourada. 
Consérvase uns días no frigorífico e pode conxelarse.

Mermelada de pementos


Ingredientes:

1 kg de pementos
750 gr de azucre
1 pizca de sal 

Elaboración:
Picar os pementos moi finamente, a poder ser con picadora, e poñer nunha paelleira ou sartén fonda sen nada (nin auga nin aceite) a lume lento durante 1 hora. 
Botarlle unha pizca de sal e o azucre.
Remover ata que o azucre se derrita.
Deixar arrefriar e encher os tarros.
Cocer a baño maría durante 20 minutos.

Ideal para acompañar canapés con queixo de cabra.

Preparando unha camiñata entre Diomondi e Santo Estevo, no Saviñao [PR-G 162]

No Colado do Vento estamos a preparar unha camiñata entre Diomondi e Santo Estevo, un treito da ruta impulsada pola Asociación Veciñal do Saviñao.
Deixamos unhas fotos. Farémola este inverno.


Vista do castro de San Fiz.
San Pedro de Cela.

Vista dende Cela.
San Paio de Diomondi.

Quinta xornada de outono na horta: framboesas, lentellas, tirabeques...



Mañá, sábado 30 de novembro, temos a nosa Vª xornada deste outono na nosa horta comunal e de boas prácticas.

Mañá, é momento de raíz das 12 ás 13 h. Non é o ideal para o que imos facer, pero hai unha lúa favorable para a sementeira.

Plantaremos tirabeques, guisantes, framboesas e lentellas.

A ilustración é de Mar Sabater, guía da nosa horta comunal.

Presentación do libro: Crónicas históricas de la villa de Monforte

O novo e documentado traballo de José María Lago Bornstein preséntase este venres, día 25 de outubro, na libraría Agrasar de Monforte.

Será ás 20 horas.

Tamén se presentará "Ediciones La Rectoral".

Imos coñecer os petróglifos de Campo Lameiro


O domingo, día 22 de setembro, imos ir dende Sober a coñecer os petróglidos de Campo Lameiro, un dos conxuntos máis espectaculares de Europa en canto a arte rupestre.

Sairemos ás 9 horas da praza do Concello de Sober (8:50 h na praza da Compañía en Monforte) e iremos en bus, polo que cómpre anotarse previamente, antes do xoves, día 19. 
Podedes anotarvos en: coladodovento@gmail.com / 636129233 / rosanaguia@yahoo.es 

Visitaremos o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre.

Prezos:
- persoas socias: 10 € (bus + entrada ao parque)
- non socias: 12 € (bus + entrada ao parque)
- obradoiro: 2 € socias / 3 € non socias
- comida por conta de cada quen (a asociación encárgase de xestionar o menú para quen non leve comida).


Imos xantar alí e no parque temos oferta de distintos obradoiros. Na seguinte ligazón podedes consultar os prezos e opcións e así escoller a máis axeitada a vós.

Dende Sober, onde contamos cun conxunto de petróglifos con motivos de círculos concéntricos, sucos e coviñas, parécenos interesante coñecer os gravados de Campo Lameiro, onde tamén atoparemos escenas de animais. En Sober, só temos unha escena de animal, a Pena do Cabalo, pero demasiado abstracto como para encadralo na mesma liña que os animais da arte rupestre galega da Idade do Bronce.

Regresaremos á tardiña, saíndo de Campolameiro sobre as 18:30 / 19:00 horas.

Lembrade que podedes coñecer os petróglifos de Sober aquí.

Presentación das actividades do Colado do Vento na Feira do Libro de Monforte

 
O mércores 21 de agosto, o Colado do Vento participamos na presentación da Feira do Libro de Monforte facendo unha presentación das nosas actividades.
Será ás 21 horas na zona da feira.

* Aquí pode descargarse o programa da feira.

Elaboración de remedios tradicionais

 

Este sábado, as persoas participantes na horta comunal do Colado do Vento elaboraron remedios tradicionais coas herbas colleitadas e recolectadas na horta e inmediacións.

Fixemos:
- tintura de milenrama
- aceite de hipérico
- crema de caléndula
- tintura de caléndula con follas de frambuesa

Se desexades formar parte da "familia" da horta comunal, podedes anotarvos en coladodovento@gmail.com

Iremos informando sobre as propiedades dos remedios.


VIIº Encontro á luz da lúa - 2013

 
Atoparémonos no Centro de Interpretación (hoxe bar) dos Chancís, sobre as nove da noite, o sábado, 20 de xullo, para tomar algo e ir comezando a noite. [Cada persoa fará unha pequena aportación polos pinchos. Non é preciso anotarse.]

Logo, as actuacións e paradas realizaranse no entorno dos Chancís, con especial interese na Cova da Vella.
 
Entre as actuacións previstas, un grupo de música tradicional, Os Parentes, O Trícole... pero, sobre todo, como sempre, a colaboración de todas e todos vós, da xente que cada ano vides e ledes poemas, nos trasmitides reflexións, cantades, tocades un instrumento...
* A organización encargarase da iluminación e fotografías, recoméndase non sacar fotos para non interferir no desenvolvemento das actuacións e intervencións. Podedes traer pequenas linternas.
 
 

Sábado 29: horta e elaboración de aceite de hipérico.


Este sábado, 29 de xuño, iremos á horta ás 18 horas. 

Programa:

– Labores de mantemento.

- Identificación de plantas e usos.

- Pequeno coloquio sobre a marcha do traballo e suxerencias de actividades de cara o futuro.

- Recollida da herba de San Xoán e elaboración de aceite de hipérico de tantas e tan boas propiedades sanadoras.


Unha horta ten que saber que é unha horta: a nosa horta comunal.

Mar Sabater cóntanos a experiencia da nosa horta comunal de boas prácticas, na que podedes participar todos os sábados ás cinco da tarde en Arxemil. Mar é quen nos guía nesta estupenda aventura da horta e ten unha magnífica horta en Santiago de Cangas (Pantón), onde vive.

Mar Sabater explicando algo sobre a horta.


Me piden desde Colado – que somos todos los que en el estamos - que hable de nuestro huerto comunal, ese que ha surgido en cinco jornadas largas de trabajo entre todos los que a el han acudido, partiendo de un prado de gramones y sin máquinas de laboreo, con todo el proceso realizado a mano, y que ya ha empezado a dar alguna hortaliza que otra para llevarse a casa.



Mariano Bueno, que tiene el mejor libro escrito sobre el huerto familiar ecológico, dice en algún punto de su libro que un huerto tiene que saber que es un huerto.

¿Pero qué tiene que ser y sentir un huerto para que esto le suceda?

¿Y qué es lo que debe hacerse para que esto pase?:



Nosotros hemos empezado por cuidar la tierra* y cuidar significa a su vez franquear a algo la entrada a su propia esencia: cuidar la tierra es algo más que explotarla o incluso estropearla, cuidar la tierra no es adueñarse de ella, no es hacerla nuestro súbdito, donde solo un paso conduce a la explotación.



Porque cultivar tiene el sentido de cobijar el crecimiento, se cultiva un huerto, una viña, una amistad.



Siempre somos una media de entre ocho a quince trabajando juntos y juntos hemos mullido la tierra hasta formar ocho bancales de cultivo.



A los huertos hay que hacerles la cama, de tierra mullida y blanda, a continuación hay que arroparla, con paja y hojas secas de carballo la arropamos, porque si no, la lluvia, el sol, el exceso de frío o de calor le quitaría vitaminas, nutrientes. Toda tierra bondadosa lleva en sí la cualidad y la propiedad de generar vegetación. Desnudarla, sin abrigo, es abocarla a la desertización, a la pérdida de sus cualidades, de su función; podemos pedirle que nos sirva pero no a costa de que pierda su esencia, eso va en su contra y en la nuestra.



Bajo esa paja, esa tierra no volteada conserva su epidermis completa, su capa de humus y todos los microorganismos que se encargan de la descomposición de los nutrientes. Plantamos por plántulas o semillas y les dimos su lugar sabiendo diferenciar las de raíz, de las de hoja, de las de fruto en una de las primaveras más frías que se recuerdan. Pero aun nos queda mucho por hacer, hasta que nuestro huerto sea un ecosistema, grato y fértil, hasta que nuestro huerto sepa de verdad que es un huerto. Plantar los caminos con trébol, que le ayude a fijar el nitrógeno y a retener la humedad y el frescor, crearle una barrera de setos a su alrededor que lo defienda del viento, plantar más flores que garanticen una buena polinización, encontrar más especies adaptadas al clima, saber conservar sus simientes, es un tan largo etcétera.


Os bancais de cultivo cubertos de palla.

Pero sobre todo cuidarlo, comprenderlo y apreciarlo.



Muchos de los que acuden los sábados al huerto comunal ya están aplicando esta manera de hacer en los suyos, y poco a poco tengo como ilusión y esperanza que iremos aplicando nuevos recursos y técnicas de cultivo que ya se conocen y otras que van apareciendo, o que vayamos encontrando.



Pero también quería recordaros que nuestro huerto se debería llamar huerto y nada más y no necesitaría llamarse ecológico, si no pasara lo que está pasando a nuestro alrededor.



Porque cultivar viene de cultura, y porque en estas tierras siempre existió la cultura de los huertos familiares ¿Qué ha pasado para que tengamos que cultivar un huerto para recordar las buenas prácticas? Porque tenemos que recordar que la tierra no es un soporte inanimado al que podemos atiborrar de agentes químicos sin que a ella, y de paso a nosotros, nos pase nada.



Quién podía hace unos años pensar que eso que parecía progreso y facilitar las labores del campo y que se siguen vendiendo en abundo, como los fertilizantes para que todo crezca bien, o el herbicida, el “Roundup” para no tener que seguir desenhebrando, el sulfato que nos iba a salvar del mildeu y el oídium, iban a empezar a afectar nuestra salud, deteriorar nuestra tierras, acabar con toda la vida microbiana del suelo, envenenar nuestras fuentes y regatos, nuestros acuíferos, hacer que desaparezcan los insectos y la fauna aliada y por ultimo hacer que las plagas se vuelvan resistentes y refractarias a los tratamientos?



Y esto, está pasando a nivel mundial y sobre todo en todas las muy extensas explotaciones agrarias, donde ya no hay campesinos sino operarios, hasta el extremo de que este año ha habido un comunicado por parte de la FAO de que se está produciendo un deterioro radical de todo el suelo agrícola, que empieza a cuestionar nuestra alimentación en el futuro y ya está afectando nuestra salud presente, puesto que todos esos productos engordados con químicas y hormonas que encontramos en nuestros supermercados, encerados y lustrosamente insaboros, apenas nos nutren. El ejemplo más relevante se presentó en la revista “Consumidores”, en donde tras reiterados análisis se llegó a la evidencia de que una fresa de huerto ecológico tiene un contenido de vitaminas superior al ochenta por ciento frente a una producida industrialmente en invernadero. Además también nos informan de que un cuarenta por ciento de las enfermedades están siendo producidas por el uso y abuso de esos agentes químicos que se emplean en su elaboración, y eso que todos estos productos pasan por certificados y sanidad.

Por eso tenemos que recordar que nosotros, tenemos pequeños huertos donde podemos practicar una agricultura cuidada y responsable, nosotros podemos llamarnos labriegos y hacerlo ahora con una honra del que se sabe produciendo algo único y de una calidad inencontrable en los mercados, puesto que lo nuestro es arte-sano.



Acabemos con tres imágenes interesantes; la primera, si el índice de vitaminas de las distintas agriculturas es de 1 a 8, tendrías que llenar ocho carros de la compra de fruta y verdura de cualquier supermercado, frente a uno solo de un buen huerto para llevarte la misma cantidad de nutrientes a casa ¿La compra te ha salido barata? Suma….



Segunda imagen: coge una gorda y reluciente manzana de supermercado y clávale los dientes, el agua te salpica la cara, tus dientes resbalan por una superficie pulida, de paso su carne no sabe a nada; decirte entonces que nada conserva tanta agua sin hormonas ¿Has ido acaso a la farmacia a hormonarte?, el resbalón de los dientes lo da la cera de acabado ¿Acaso has ido a la sección de limpieza?, ¿No será la manzana de Blancanieves?



Tercera esta es una imagen de nuestro actual mundo rural: unha avoa coa súa neta: come neniña come que non me comes nada, la niña tiene delante una menestra de verduras del huerto de su abuela, sazonada con un poco de roundup, y un chorito del bonito azul del sulfato.



Bueno, así visto esto parece un poco apocalíptico pero pasar, pasa.



Pero hoy por hoy siempre nos quedará nuestro huerto comunal de Arxemil, venir a vernos cuando querais y de paso podeis echar una mano.



Junio del 2013 en Cangas –Santiago, Gullande , espacio libre de químicos.


Visita cultural a Valdeorras: 30 de xuño.


O domingo 30 de xuño de 2013 imos de visita a zona de Valdeorras.

Sairemos en bus dende Sober ás 9:00 horas (praza do Concello), parando en Monforte (gasolineira en fronte do Día) ás 9:15 horas.

Hai que anotarse en coladodovento@gmail.com ou 636129233 antes do mércores, día 26 de xuño.

Valencia do Sil
MAÑÁ
- Percorreremos un sendeiro de 3 km (6 km, ida e volta) entre Valencia do Sil e Penouta.

- Visitaremos unha importante colección de minerais en Vilamartín.

- Xantaremos nunha área recreativa (cada persoa levará a súa comida, pero hai posibilidade de xantar nun restaurante a carón da área recreativa; para facelo, hai que anotarse en coladodovento@gmail.com ou 636129233 antes do mércores, día 26 de xuño).

TARDE

Vilela
- Visitaremos as covas-adegas de Vilela.

Seadur
- Visitaremos as covas-adegas de Seadur.

Horta: sábado, 15 de xuño: visita a unha horta ecolóxica.


A horta continúa o seu camiño, xa vedes que bonita está.
Este sábado, 15 de xuño, quedamos ás 17 h na gasolineira de Ferreira de Pantón para ir visitar a horta ecolóxica de Mar Sabater, en Santiago de Cangas.

Homenaxe a Nicanor Rielo Carballo en Carballedo


4ª xornada da horta: sábado, 11 de maio.

 
A cuarta xornada da nosa horta - común e con boas prácticas - será o sábado 11 de maio ás 17 horas. Nos Navás, Anllo San Martiño, Sober.
Van medrando os nosos bancais.

3ª xornada da horta: sábado 4 de maio.


A terceira xornada da horta será o sábado 4 de maio ás 17 horas. Nos Navás, Anllo San Martiño, Sober.

Tivo que ser así - Características do ouro e a súa explotación: o ouro non é culpábel, somos os humanos.


Juan Luis Casas
Non sei cal foi a causa, se é que houbo unha soa, nin os razoamentos a que deu lugar, pero o certo é que hoxe en día, cando se escoita a palabra química soe ser con ton de desprezo ou reparo, para rebaixar unha valoración sobre algo que a priori causara unha positiva impresión. Esta mala prensa da palabra resulta sorprendente pois as reaccións químicas son o sustento da nosa existencia e do que nos rodea, máis aínda, e coido que non esaxero, explican o noso comportamento e o dos nosos devanceiros, a nosa historia, as nosas relacións e cultura dun xeito que tamén nos volve a sorprender cando reflexionamos sobre a cuestión.
Un bo exemplo podemos atopalo na historia da metalurxia do ouro, un elemento químico relativamente escaso, o 75 en orde de abundancia na cortiza terrestre dentro duns 90 que podemos atopar na natureza. Ímonos fixar na súa estrutura electrónica, un término tan químico como que é, o seu estudo, a forma como se distribúen e interaccionan os electróns, o obxecto dunha das ciencias fundamentais, por moito que se queira tallar en multitude de disciplinas, ó que se dedican os químicos.
Cada clase de átomo, cada elemento químico, ten a súa estrutura electrónica peculiar que lle confire o seu característico comportamento químico e tamén moitas propiedades físicas. De todas elas, ímonos fixar nunhas poucas determinadas polos 79 electróns dos átomos de ouro (Au).
A primeira, por máis evidente, é a súa reactividade, mellor dito a súa baixa reactividade, a súa nobreza, a pouca agresividade, que contrasta coa que historicamente exhibiron os homes por posuílo.
Por culpa desa nobreza, como non reacciona con case que nada, por iso recorreuse a il para usalo en próteses nun medio tan agresivo como o noso corpo comezando por unha parte tan “delicada” como a boca, na natureza aparece moi excepcionalmente formando compostos químicos co teluro. Principalmente, que non frecuentemente, se atopa de xeito máis ou menos puro, ofrecéndose directamente sen necesidade de deseñar elaborados procesos metalúrxicos para o seu beneficio.
Inicialmente en vetas, poderíamos dicir que finamente entreverao, incluídas en rochas con minerais de cuarzo ou piritas, como en A Toca, O Torubio, O Covallón, etc. Estamos a falar de xacementos primarios.
A meteorización e a erosión da rocha orixinal, que a fraccionan en partículas máis pequenas supón que ese ouro pode ser “liberado” cara as zonas de sedimentación e aquí entra a xogar un segundo factor determinado pola estrutura electrónica, a densidade. Estamos falando dun dos elementos máis densos, podemos visualizar ben a súa magnitude se pensamos que unha botella de dous litros, como as das bebidas chamadas refrescantes, chea de ouro, estaría roldando os 40Kg, un peso que moitos, dende logo eu si, xa terían problemas para levantar.
Esta elevadísima densidade favorece a sedimentación do ouro con preferencia ós outros compoñentes das rochas orixinais, reconcentrase nas zonas de depósito, e ademais nestes procesos purifícase, xa que os outros metais que o soen impurificar, cobre, prata, ou platino, este último máis denso e escaso, tamén son máis reactivos, polo que se poden ir transformando e separando neste proceso de liberación.
Esas zonas onde o longo de séculos, miles, millóns de anos o ouro foi depositando preferentemente constitúen os denominados xacementos secundarios como os de A Cubela, Margaride, Quiroga ou o meandro entre Espandariz e Nocedo.
Como nas nosas latitudes a auga, habitualmente líquida, é o principal axente de trasporte e segregación de materiais, resulta fácil ver que o ouro se siga transportando e sedimentando no leito dos río das bacías que conteñen material aurífero o que se aproveitou nos xacementos de batea.
A terceira e cuarta características definidas pola capa de electróns deste elemento son o seu escintilante brillo metálico e a súa orixinal cor amarela.
Se pensamos nunha sustancia brillante, amarela, que aparece e permanece tal e como a acabamos de describir na natureza e en lugares accesibles, non nos pode estrañar que pronto chamara a atención do home e xa fora utilizado hai 8.000 anos en Mesopotamia.
Nas nosas terras asociamos moito a histórica metalurxia deste metal con Roma. Naturalmente o ouro foi importante para os romanos e unha das principais razóns de que chegaran a establecer asentamentos nas ribeiras do río máis importante de Galiza, entrando polos límites do Bierzo ata o Atlántico, sería a constatación de que só con “rascar” a terra poderíase extraer o prezado metal. O Imperio romano foi asumindo prácticas e coñecementos doutras culturas, melloradas nalgúns casos, e contrastando innovacións noutros.
Mais en síntese eles imitaron todo o que puideron os procesos naturais, pero forzándoos e acelerándoos dentro dos límites que a propia natureza, a química, lles impuña en cada explotación.
Repito que a auga é o principal axente erosivo, transporte e segregación nas nosas latitudes. Pois, si se necesitaba auga en grandes cantidades para iniciar e acelerar a “erosión”, disgregación, dos xacementos, primarios e secundarios, habería que por a traballar a enxeñería romana e todas aquelas mans que foran necesarias, a recompensa superaría con creces a inversión, para levar a auga á mesma explotación mineira.
Se coñecían que o outro transportado dos xacementos primarios se acumulou naquelas zonas onde a forza da auga diminuía, moi evidente na cara cóncava dos meandros e cambios de dirección dos cursos de auga, como na Cubela ou Castro de Abaixo, e tamén nas augas encoradas, entón disporíanse secuencialmente, canles coa inclinación suficiente para que a forza da auga mobilizara o material disgregado, as veces tras forzar mecanicamente a redución do tamaño de partícula, alternando con estanques ou calquera outro dispositivo para reducir a velocidade da auga, reducir a súa capacidade de arrastre, e depositar e concentrar o rei dos metais.
Logo tamén se aproveitaría outra propiedade determinada pola estrutura electrónica para completar a separación e facilitar a xestión do propio metal, os seu punto de fusión relativamente baixo, 1064ºC, máis baixo que a maioría dos silicatos dos que o queremos separar, e non difícil de acadar.
O seu número de electróns tamén é axeitado para que se disolva ben en azougue (mercurio), método que é moi probable que a metalurxia romana chegara a pór en práctica, xa que obtiñan este outro curioso metal a partir da súa mena (mineral do que se pode extraer o ouro); penoso e perigoso método de concentración do ouro que logo recuperarían por destilación do metal líquido. Este proceso chegou ata a actualidade con moi poucas variacións aínda que perdendo terreo fronte a outro método do que estamos a escoitando falar moito nos últimos meses, o que se pretende aplicar en Corcoesto, o tratamento do material aurífero en atmosfera oxidante con cianuro sódico, en cantidade algo maior que unhas pingas no café. Un método certamente máis doado, o do cianuro, de controlar que o do azougue pero ¿haberá capacidade para que ese control sexa eficaz?, ¿haberá suficiente vontade para facelo eficaz?. Iso sen contar co risco de mobilizar o arsénico que se atopa nas arsenopiritas. 
En definitiva, todos estes comentarios para volver ó principio. Temos asimilado que as febres do ouro, non só as dos últimos séculos marcaron relacións laborais, por identificalas dalgún xeito, sociais, de poder, económicas, ata a organización do territorio e os seus que se propagaron ó longo da historia ata os nosos días, e todo isto se explica pola estrutura electrónica do átomo de ouro...., e de que os homes somos como somos. O ouro só é culpable de ter 79 electróns e de comportarse como lle corresponde.

Segunda xornada de boas prácticas na nosa horta: sábado, 27 de abril.

 

Desta volta, a xornada será de 17:00 a 19:30 horas.

- Balance do primeiro día.
- A ortiga: propiedades e utilidades na horta e como planta medicinal.
- Reparto de obrigas de cada quen.
- Rematar de facer os bancais.
- Abrir horta (se o tempo o permite).
- Plantación de aromáticas e medicinais.

Recoméndase traer algunha ferramenta pequena.

Presentación do estudo "La Escuela de Proendos", de José María Lago.

O vindeiro sábado, 27 de abril, ás 12 da mañá: presentación do documentado libro "La escuela de Proendos", de José María Lago. Será na igrexa de Proendos (Sober). 
Deixámosvos a reseña de cada capítulo do libro (que podedes adquirir por 15 €), nas palabras do autor: "En el primer capítulo analizaremos el origen de los foros y la estructura territorial sobra la que éstos se aplicaron. En el segundo... la evolución concreta que este régimen de foros tuvo en la parroquia de Proendos y las consecuencias de su aplicación, analizando los conflictos producidos entre campesinado e iglesia... El tercer capítulo analizará los orígenes de la riqueza patrimonial de algunas familias campesinas... Finalizaremos con los aspectos más significativos de la vida social de Proendos a lo largo de la Edad Moderna."

Mostra de tradición oral de Sober: presentación de Un pouquiño de Tradición Oral III.

Presentamos na Biblioteca Pública de Sober, o 20 de febreiro de 2013, o terceiro volume recopilatoria da tradición oral das nosas parroquias. Foi unha tarde agradable de mostra da memoria oral das nosas xentes, vivindo o patrimonio.
Fotos e vídeos coas cantigas interpretadas.

 * Copla de cego: En la provincia de Asturias.

Proxecto: Coordinadora para a valorización do Medio Rural.

Proxecto de Coordinadora para a valorización do Medio Rural na zona sur de Lugo.
Por: Felipe Castro López.
Auto-convocatoria para o sábado, 27 de abril, na Casa da Cultura de Sober ás 20 h.

Comezamos coas boas prácticas na nosa horta: sábado, 20 de abril.


O sábado, 20 de abril de 2013, temos a primeira xornada de aprendizaxe de boas prácticas agrícolas na nosa horta comunitaria.
Será ás 16:00 h no lugar dos Navás, en Anllo San Martiño. A horta vese dende a carretera Sober-Os Chancís. Ver no mapa aquí.
Por se alguén non sabe como ir, quedaremos tamén en Sober ás 15:45 h, diante do Concello.

Nesta primeira sesión, faremos e falaremos do seguinte:
- Preparación do terreo.

- Deseño xeral da horta. 

- Elaboración de bancais.

- Sistema de rego.

- Elaboración de compost.

- Abonado.

- Acolchado.

- Planificación da plantación e obxectivos xerais.

Recoméndase traer uns guantes.
Podedes contactar en coladodovento@gmail.com e 636129233


Presentación do estudo "La Escuela de Proendos", de José María Lago.

O vindeiro sábado, 6 de abril, ás 12 da mañá: presentación do documentado libro "La escuela de Proendos", de José María Lago. Será na Galería Sargadelos de Monforte. Deixámosvos a reseña de cada capítulo do libro (que podedes adquirir por 15 €), nas palabras do autor: "En el primer capítulo analizaremos el origen de los foros y la estructura territorial sobra la que éstos se aplicaron. En el segundo... la evolución concreta que este régimen de foros tuvo en la parroquia de Proendos y las consecuencias de su aplicación, analizando los conflictos producidos entre campesinado e iglesia... El tercer capítulo analizará los orígenes de la riqueza patrimonial de algunas familias campesinas... Finalizaremos con los aspectos más significativos de la vida social de Proendos a lo largo de la Edad Moderna."