Dúas pequenas obras de arte nas terras de Amandi. As ánimas do Purgatorio.

José Mª Lago, Os Navás, marzo de 2012.
[Traducido ao galego polo Colado do Vento. Pódese descargar a versión orixinal, maquetada en .pdf aquí].

A idea do Purgatorio comezaría a xestarse desde moi cedo polos grandes ideólogos da igrexa católica. Os primeiros esbozos podémolos atopar xa nos Evanxeos, pero non sería até o século VI, con Gregorio Magno, cando a idea do purgatorio quedaría teoloxicamente definida. En base ás reflexións destes Pais da Igrexa a doutrina relativa aos fundamentos do purgatorio quedaría fixada definitivamente no concilio de Basilea-Ferrara-Florencia, celebrado entre 1431 e 1442. A idea que entón se adoptou, segundo quedaría reflectida máis tarde no catecismo, foi a seguinte: "Os que morren na graza e a amizade de Deus, pero imperfectamente purificados, aínda que están seguros da súa salvación eterna, sofren unha purificación despois da súa morte a fin de obter a santidade necesaria para entrar no gozo de Deus". Así as cousas, e dado que o tránsito das almas por este estado de purificación e expiación de culpas podía acurtarse grazas a unas cantas pregarias e á compra de innumerables indulxencias, o purgatorio chegou a supor un suculento negocio para a Igrexa. As arcas do Vaticano a comezos do século XVI eran insaciables, entre outras cousas porque había que financiar a monumental basílica de San Pedro en Roma. Para iso a maquinaria recadatoria chegou até os últimos recunchos imaxinables coa venda de bulas, indulxencias, misas e todo aquilo que se puidera venderse polo ben e a salvación das almas. Sen dúbida, este sería un dos detonantes que motivarían máis tarde a protesta e ruptura luterana, apoiada nun primeiro momento polos príncipes alemáns e seguida en poucos anos por boa parte da poboación do centro e o norte de Europa. Ante esta situación a Igrexa de Roma contaatacou convocando, en 1545, o Concilio de Trento, do que sairían as directrices que marcarían o novo rumbo da Igrexa católica por espazo de máis de trescentos anos. Entre estas novas directrices que se impartían ao clero atopábase a reformulación da fe relativa ao Purgatorio. O texto que recolleu as conclusións sobre este tema redactouse nos  termos seguintes: "Coiden con suma dilixencia que a sana doutrina do Purgatorio, recibida dos santos Pais e sacros concilios, se ensine e predique en todas partes, e se cree e conserve polos fieis cristiáns; aquelas, empero, que tocan a certa curiosidade e superstición, ou saben a torpe lucro, prohíbanas como escándalos e pedras de tropezo para os fieis".
 
Un dos grandes éxitos de Trento foi sen dúbida a implantación paulatina das súas conclusións e a difusión da súa doutrina. No terreo dogmático supuxo unha enorme clarificación en temas tan controvertidos - sobre todo polos protestantes - como eran a aplicación dos sacramentos, a tradición como fonte de fe revelada, o culto aos santos ou as indulxencias, ademais da doutrina sobre o purgatorio.
Ademais das revisións dogmáticas, nas sesións tridentinas afianzouse a estrutura organizativa da igrexa, reforzando considerablemente o papel que xogaran até entón as parroquias dentro das súas dioceses ou fixando o deber de residencia dos bispos, ademais de crear, así mesmo, os seminarios para a formación do clero. 
 
Esta nova mensaxe de Trento chegaría con rapidez ás zonas rurais da Galicia interior e terminaría por implantarse antes de finalizar o século XVI. Nos libros de Fábrica do Arciprestádego de Amandi son moitas as referencias ao redor destas novas directrices. Neles insístese unha e outra vez na boa observancia destes preceptos. As recomendacións prolongaranse ao longo dos séculos XVII e XVIII con intervencións como a de Francisco Armañá, bispo de Lugo, na súa visita pastoral de 1770: mandamos primeramente a todos los curas párrocos, y a cada uno de ellos en particular, que cumplan exactamente con el gravísimo indispensable cargo inpuesto por el santo Concilio de Trento (sesión 5, capítulo 2, de Reformas) de predicar a sus feligreses y enseñarles lo necesario para su devida instrución y christiana vida
. Un claro reflexo diso sería o control  - e a influencia - que exerceron as parroquias e os seus curas párrocos sobre os veciños ao cominarlles a que reflectisen nos seus testamentos o número de misas perpetuas que encargaban pola salvación das súas almas. Estas misas xeraban uns importantes ingresos á igrexa, apoiados por uns bens ráices que quedaban hipotecados para sempre. No Memorial de Rentas de San Esteban de Anllo, realizado en 1699 e recollido no seu libro de Fábrica, atopamos un bo exemplo deste tipo de misas e as súas contrapartidas: 
Tiene una misa de aniversario que fundó Catalina Pérez, da por quenta sobre el tercio y quinto de sus vienes que mandó a su hijo Baltasar; tenemos otra misa de aniversario que paga María López de Portizó, sobre la cortiña que tiene en el ferrado; tiene más, otra misa de aniversario que paga Pedro Álbarez, de Anllo, sobre los vienes que lleva en el lugar de Cigoñeyra; tiene más, otra misa de aniversario que paga María Pérez, da Cigoñeyra, y sus cuñados, sobre la cortiña que lleban en el ferrado; tiene más otra misa de aniversario que paga María de Santiago, de Nogueira, viuda que quedó de Juan Bouça, sastre, sobre la cortiña y viña que lleba do Penedo como ban da Lama para Rigueyro; más tiene otra misa de aniversario que fundó Domingo Gonçález do Arrejo, sobre la pieça de los Anllos, viña y soto que paga Pascual Pérez, do Arrojo, sobrino del fundador, sita dicha pieça en el lugar de Arrejo, y todas las ypotecas de dichas misas se hazen en la feligresía de San Esteban de Anllo; tiene açadón y azada y pala para enterrar los difuntos.”

Estas misas aniversario e misas perpetuas debían ser constituídas formalmente mediante escritura pública ante notario, onde quedaba reflectida a vontade do seu fundador nunha serie de cláusulas, así como os bens raices que soportarían os gastos das devanditas misas. Un claro exemplo deste tipo de escrituras atopámolo nun documento de 1615 recollido no libro de Fábrica da parroquia de San Miguel de Rosende: 
“Misa perpétua que fundó Pedro de Meira el viejo, cada lunes de cada semana, cuia cláusula es la siguiente:
“y también digo, mando y quiero, y es mi voluntad, que todos los lunes de cada semana para siempre jamás, me digan en el altar de Nuestra Señora de la yglesia de San Miguel de Rosende, una misa por mi alma, dirigida a las Almas del Purgatorio, la qual diga el clérigo que fuera de dicha yglesia, y quando él no quisiese sea otro, y si no pudiere ser al lunes sea al otro día de la semana, y por la qual dicha misa para siempre le den al que la dixere ochenta reales por cada un año, los quales dé mi heredero, y los dexo ypotecados los dicho ochenta reales para que se pague al dicho cura, los cobre en la Cantina dos Casares, que es propia, Diezmo a Dios, y mía devajo de mi palomar de el valado avajo, en que entra guerta y lamela, que todo ello será ocho tegas de semiente poco más o menos. [...]”

Até aquí a primeira parte da escritura onde se fixan os obxectivos estipulados polo fundador: unha misa perpetua a cambio de oitenta reais anuais que cobrará o cura que a dixer. O texto continúa coa descrición dos bens que garantirán o pago e as condicións estipuladas para o mesmo.
 
“[...] Y en el vacelo de Campo do Fondo do Outeiro, que es mío propio, Diezmo a Dios, ai catorce o quince cavaduras, que parte con el camino que va de Outeiro para el Vareo de Areas. En las quales dichas dos piezas dexo situada la dicha misa para siempre y los dichos ochenta reales para ella, con condición que el clérigo que dijere la dicha misa sea obligado todas las veces que la dixere a venir avisar a mi heredero y persona que viviere en las casas en qual presente vivo, y el dicho heredero lleve o dé la candela para decirla, y no avisando el dicho clérigo al dicho heredero para si quisiere hir a oyr la dicha misa, por cada vez que no lo hiciere le quite el dicho heredero dos reales de salario que le mandó dar, y diga dicha misa con otro sacerdote por los dos reales. […]
Vemos como o fundador coidaba até o último detalle na escritura de fundación. O prioritario era que baixo ningún concepto a misa queda sen dicir. Por último, este tipo de escrituras finalizaba fixando as condicións que debían cumprir os herdeiros en relación aos devanditos bens.
[…] Y cumplida dicha condición digo, quiero y es mi voluntad que dicha cantina y vacelo no se parta entre hermanos ni herederos sino que siempre se esté del mismo pie y ande en el heredero que fuere y procediere en dichas casas, en donde al presente vivo, el qual tenga cuydado de hacer decir las dichas misas y pagar los dichos ochenta reales, y en defecto de no los paguen doy todo mi poder cumplido al clérigo que dijere la dicha misa los cobre de dicho heredero que llevare las dichas piezas, y lo otorgo así, a trece días del mes de mayo de mil y seiscientos y quince años, por delante Francisco Felpeto, escribano.” 
 
En cada parroquia podía haber decenas de "misas perpetuas" fundadas con similares condicións a estas. Desde finais do século XVI e até mediados do XVIII a idea das Ánimas do Purgatorio foi un concepto en alza que xerou grandes réditos á Igrexa. As Confrarías constituídas baixo a súa advocación foron sen dúbida das máis populares e con maior número de confrades tanto seglares como relixiosos. Proliferaron por todas as freguesías sen excepción. Se o fenómeno se tivese producido hoxe en día estariamos a falar dunha franquía cun enorme éxito de mercadotecnia e implantación. 
 
Estas confrarías debían cumprir unha serie de requisitos e recibir a aprobación da autoridade eclesiástica. Na visita pastoral que realizou o Bispo de Lugo, Juan Bautista Ferrer, á parroquia de Santo Estevo de Anllo no ano 1746 deixou escrito no libro de Fábrica o seguinte mandato ao cura párroco: Y también le mandamos que con el maior cuidado y vigilancia instruia a sus feligreses en la doctrina christiana, y que no permita en su iglesia, con título de deboción ni otro alguno, cofradías ni hermandades sin que preceda nuestra licencia y aprobación, y aga que las exigidas por nuestros antecesores acudan a las visitas generales a dar quenta de sus aberes y estado, en conformidad de lo dispuesto por el Santo Concilio de Trento.”

No termo do Arciprestádego de Amandi houbo varías destas confrarías encomendadas ao culto das Ánimas. Unha delas foi a que se fundou na parroquia de Santo Estevo de Anllo seis anos antes da visita do bispo Ferrer. Na primeira páxina do seu libro de rexistro podemos ler:
“Libro de la Cofradía de Ánimas fundada en esta parroquia de San Esteban de Anllo, en 9 de julio de 1738, siendo obispo el Ilustrísimo señor don Cayetano Gil Taboada.

Se haze y se funda con las constituziones siguientes:

Primera constitución:
Que los que fueren cofrades tengan obligación de pagar una quarta de bino y un zelemín de pan por cada un año, así eclesiásticos como seculares.

Segunda:
Que de entrada paguen lo mismo que anualmente, que es una quarta de bino y un zelemín de pan.

Tercera:
Que quando Dios fuere serbido llamar a juicio alguno de los cofrades tenga obligación el maiordomo que fuere de esta cofradía de darle media libra de zera para su entierro y diez y ocho luces para cada uno de los tres autos que es: entierro, medio año y cabo de año.

Quarta:
Que esta cofradía ha de ser visitada anualmente por los señores bisitadores que fueran de este obispado a quienes el maiordomo que de ella fuere deva dar quenta de su caudal y estar a su mandato y ordenanzas, en cuia conformidad fundamos e ynstituimos esta dicha cofradía, mediante la aprobazión y beneplázito de su señoría ilustrísima o de su merced, el Señor Visitador, y los que sabemos firmar lo firmamos.

Firman:
Nicolás Pérez Villamil; Gregorio Pérez Villamil; Juan López de Guitián; Manuel Pérez; Mauro Pérez.


Destas confrarías do Arciprestádego de Amandi chegáronnos noticias moi diversas a través dos libros de fábrica das súas respectivas freguesías. Así, por exemplo, sabemos que o mobiliario da sancristía de Santo Estevo pagouno en 1782 a Confraría, ou que as obras de ampliación que se realizaron na igrexa de San Martiño de Anllo a mediados do século XVIII foron financiadas pola Confraría das Ánimas, debido a que os caudais da parroquia non alcanzaban a sufragar os cuantiosos gastos.
 
Tras estes breves apuntamentos dados para amosar o que debeu ser o negocio da morte e as almas durante o século XVIII nestas terras do interior de Galicia, pasemos a ver agora os dous exemplos que chegaron até os nosos días de obras pictóricas daquela época.
 
Primeiramente, e grazas tamén a unha achega feita por aquela Confraría das Ánimas de San Martiño de Anllo, aínda podemos ver no interior desta igrexa un interesante mediorrelevo de principios do século XVIII que representa o momento do Xuízo Final das Ánimas. A súa basta execución parece obra dun artesán de ámbito local. Este tipo de relevos cumprían un claro labor didáctico entre uns fieis que na maioría dos casos non sabían ler nin escribir.
 
A obra está dividida en tres campos horizontais ben diferenciados. No campo central, o máis complexo e elaborado do tres, concéntrase toda a acción doctrinal da obra. Nel vemos como un esquelete pousa as súas mans sobre un moribundo que se atopa no seu leito de morte. Este está a recibir a extremaunción por parte dun Cura ataviado coa súa estola, quen ademais suxeita nas súas mans un libro no que podemos ler:
Creo en Dios Padre, creo en Dios Hijo, amo a Dios”. Esta era a mensaxe oficial por parte da Igrexa.
O moribundo está arroupado até o pescozo deixándonos ver tan só a cara cunha frondosa barba. Trátase sen dúbida dunha persoa maior. Á súa esquerda, unha figura demoniaca suxeita tamén un libro entre as súas garras onde lemos:
No me faltará a mí ese alma que no guardó los mandamientos”. A ameaza do mal e as súas consecuencias está clara, destino final o inferno e a condena eterna.
 
Por riba desta escena atopamos á nosa Señora do Rosario co Neno flanqueada por dous Arcanxos. O da dereita, o Arcanxo Gabriel, sostén un libro na súa man que di: Hizo penitencia de sus pecados, dio limosna, rezó el Rosario”. Na tradición católica ao Arcanxo Gabriel identifícaselle coa Anunciación, coa morte e a resurrección. O da esquerda, o Arcanxo Miguel, sostén unha balanza na súa man esquerda como símbolo do xuízo final das almas e os actos dos homes.
 
A mensaxe é clara. Antes ou despois chegaranos a nosa hora e debemos estar preparados. A presenza do demo sempre estará aí, axexando, pero a devoción ábrenos o camiño da salvación. En calquera caso, chegado o momento, se seguimos o recto camiño, pasaremos un tránsito polo lume purificador do Purgatorio onde nos prepararemos para a gloria eterna. É a escena que o artista nos representa no campo inferior da súa obra: as ánimas do purgatorio expiando as súas culpas cun xesto sereno e piadoso. Este tránsito será tanto máis breve canto maior sexa o número de misas que deixemos fundadas. Mesmo en vida podemos acurtar este proceso se contribuímos cos gastos da Igrexa por medio das bulas e indulxencias. O obxectivo ben o merece, trátase da gloria eterna. Esta é a escena que se representa no campo superior, onde vemos os corpos puros e espidos dos homes que alcanzaron o Paraiso. Tras eles, uns raios de luz celestial ilumínanos. Así de fácil.
 
Este relevo policromado de San Martiño está realizado sobre madeira, con pintura ao óleo. As súas medidas son de 112 x 170 cm. e creo sinceramente que a súa localización actual así como a súa conservación non son, desgraciadamente, as máis idóneas.

Outra mostra desta arte popular que chegou até os nosos días é o lenzo As ánimas do Purgatorio que podemos contemplar na igrexa de San Miguel de Rosende.

No libro de Fábrica desta parroquia atopamos o seguinte apuntamento do ano 1757: “El cuadro de las ánimas, sólo el lienzo costó, hechura y traerlo, cien reales”
, unha cantidade non excesivamente elevada para a época e que foi custeada polos veciños xunto con outras reformas que se acometeron aquel ano na igrexa.

Nada sabemos sobre a súa autoría, pero polo seu acabado e a data de execución ben podería provir do veciño lugar de Castinande onde sabemos da existencia dunha longa tradición en torno ao oficio de pintor. No libro de Fábrica de Santo Estevo de Anllo en 1790 noméase a Bernardo Pérez, de Castinande, como pintor, e máis adiante, en 1808, atopamos unha nota que di:
Juan Pérez de Castinandi, de oficio pintor de esta parroquia, hizo una Cruz Parroquial de madera. Por su echura y pintura llebó cinco duros y medio.”
 
O motivo do lenzo trata a visión das Ánimas por parte de san Gregorio Magno. É obra pouco elaborada na súa execución pero moi clara na súa intencionalidade. Na tradición da Igrexa católica, facendo referencia a certos textos da Sagrada Escritura, fálase dun lume purificador. Así, no Evanxeo de Mateo [12:31], atopamos a referencia ao que dixo Jesús, "Por tanto dígovos: Todo pecado e blasfemia será perdoado aos homes; mais a blasfemia contra o Espírito non lles será perdoada". A partir desta afirmación sería san Gregorio Magno, un dos Pais da Igrexa, quen afirmaría: "Respecto de certas faltas lixeiras, é necesario crer que, antes do xuízo, existe un lume purificador, segundo o que afirma Aquel que é a Verdade, ao dicir que se algún pronunciou unha blasfemia contra o Espírito Santo, isto non lle será perdoado nin neste século, nin no futuro".

Cunha mensaxe semellante está clara que a idea do lume purificador fronte ao castigo eterno que supuña o inferno ben merecía o pago dunha misa ou dunha indulxencia. Unha idea que triunfou enormemente no seu tempo grazas ao papel preponderante que xogaron os curas párrocos de entón coa divulgación e aplicación das doutrinas derivadas do Concilio de Trento, e que a nós, polo menos, permitiunos gozar hoxe destas dúas pequenas obras de arte en terras de Amandi.

Sem comentários: