Casares: descrición da viticultura da nosa ribeira no século XIX.


* Aportación de Javier Vivirido Salgado,  presidente da Asociación Cultural O Colado do Vento para a sección País Ribeirao, nas vésperas da XXXII Feira do Viño de Amandi, que se celebrará en Sober o 31 de marzo e o 1 de abril deste 2012. 

Coa escusa da proximidade da Feira do Viño de Amandi tocaba, por parte da nosa asociación, falar do viño e da súa historia, especialmente na Ribeira Sacra.

Buscando bibliografía para realizar o traballo que lle foi encargado á nosa asociación por parte do Ministerio de Cultura para o proxecto “El cultivo Tradicional del Viñedo y sus Paisajes Culturales en la Ribeira Sacra”, atopeime co libro Observaciones sobre el Cultivo dela Vid en Galicia,  realizado polo químico e investigador monfortino Antonio Casares Rodríguez. Quizáis sexa o libro-temático máis vello no que se describen as variedades viníferas auctóctonas de Galicia. Data de 1843 e, como digo, nel descríbense os viños e as variedades típicas de Galicia, a importancia do terruño ou da orientación -pendente do terreo- na produción vitícola. Por outro lado, en relación con Sober, crese que as súas orixes familiares proveñen da parroquia de Millán, onde algúns veciños aínda conservan os seus apelidos. Polo tanto, falar deste científico ilustre, con rúa propia en Monforte, é obrigatorio para a nosa asociación.


O Doutor Casares é conocido como o “pai da Química galega”. Foi un dos creadores da análise química en España, elaborou os primeiros anestésicos utilizados en operacións quirúrxicas en Galicia, analizou as augas medicinais galegas, foi a primeira persoa en obter luz eléctrica mediante arco voltaico en España, ademais de realizar outros estudos como o de viticultura, que abaixo analizaremos. Por todo esto, a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) homenaxeará ao cientifico monfortino no Día do Cientifico Galego, con motivo dos 200 anos do seu nacemento, o vindeiro 24 de abril.

No libro Observaciones sobre el Cultivo de la Vid en Galicia analiza os chans, compara os viños e describe as variedades de vide que atopa. 

Analiza os diferentes chans de Galicia, onde destaca a gran cantidade de sales solubles, especialmente de hidroclorato de potasa, existentes en terreos do Ribeiro e Amandi.

Das variedades brancas fálanos do Comprao, que seguramente se refire ao Godello: “uvas medianas, redondas, verdosas-amarillo, rojizas las espuestas al sol, carnosas, con estilete i anillo redondo: sabor dulce. Se cultiva en la ribera de Amandi i se destina para el vino tostado”.
Outras variedades que describe pero non especifica se as había en Amandi son Verdello, Verdejo, Treijadura, Terrantés, Albariño, Oubiña.
Godello.
Con respecto ás variedades tintas describe o Alvarello: “Este vidueño es el más abundante de Galicia, i el que puebla casi todas las viñas del Rivero, Amandi, Lemos, Quiroga Valdeorras i valle de Monterrei. No es mui esquilmeño, pero si de larga vida, i su fruto bien sazonado produce un vino fuerte i de aguante, tarda bastante en madurar, por cuya razón no conviene sino para los sitios cálidos”. O Alvarello ou "de uvas alvarellas", seguramente era a variedade máis abundante na nosa ribeira aló polo século XIX, antes da chegada da filoxera (dende os anos 70 do século XIX). Aínda hoxe os viticultores lle chaman "Cepa Vella".

Alvarello.
Casares describe a Castellana, o Mouratón, utlizada “para dar mas color al vino producido por los otros vidueños”, Brencellao, Caíño Arnoés, Caíño Rubio, Carnaz, Nobal, Tinta Femia, Espadeyro, Pica el Polo….

Como sospeitabamos, consumíase preferentemente viño tinto e os compradores preferían os cargados de color. Para aumentar a coloración engadíaselle moras, baias de sanguiño, etc.

En canto ao cultivo da vide “en las inclinadas riberas del Sil i Miño plantas las cepas sin orden alguno, i mal pudiera  haberlo en un terreno erizado de peñascos, cubiertos conuna poca tierra, donde se arraiga la vid: i si el terreno es igual, pero mui inclinado, para evitar que las aguas llovedizas arrastren toda la tierra i descarnen las raices de la cepa, colocan delante de cada hilera de éstas una pared; de manera que á cierta distancia un terreno así cultivado parece dispuesto en escalones para subir en altura.”

Para Casares, a variedade máis adecuada para o clima e terreo galego é o Alvarello, aínda que opina, igual que o experto agrónomo romano Columela, que se cultiven “diferentes variedades; por que como su resistencia á las heladas, nieblas i calores es diferente; como brotan i florencen en diversas épocas, si casualmente falta un año la cosecha en unas, abundará en las otras, i no se verá el propietario privado del fruto que anhela. Pero por la misma razón no deben plantarse mezcladas confusamente, i si cada casta con separación, para hacer la vendimia cuando la uva esté sazonada, lo que no se consigue á un mismo tiempo en todas las variedades”.

Como podemos ver, era un cientifico con visión de futuro, xa que os problemas do século XIX son válidos para o XXI.

Por certo, Casares non fala para nada da Mencía, xa que esta non é unha variedade autóctona, senón que seguramente a súa orixe está en Castilla, posiblemente en Palencia. Esta variedade está extendida dende Aragón a Portugal, onde lle chaman Jaén. A Mencía chegou a Galicia posiblemente despois da filoxera, a comezos do século XX. Adáptouse tan ben a ribeira do Sil que podemos dicir con tranquilidade que é das nosas.

Sem comentários: