III ROTEIRO Á LUZ DA LÚA...

Fomos case medio cento de persoas as que andivemos a noite do 7 de Agosto perdidos por Sober sen ver a lúa polo nubrado que había.

Visitamos a Pena da Virxe en Cadeiras, o Castro das Penas en Arxemil e a Cova da Vella, nos Chancís.

Ademais de poemas de Manuel María e Uxío Novoneyra, a quenes estaba adicado o roteiro, léronse composicións de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Lois Pereiro ou Miguel Hernández, así coma poesía dos propios asistentes.

Para a música, contamos con dous intrumentistas de trompa e tuba, ademáis de membros do grupo O Trícole.

Tamén agradecemos a compaña da poetisa Carmeliña, premio de declamación a nivel estatal, que recitou varios dos poemas.

En breve estará a disposición na web un libriño con todas as fotos do roteiro e textos que se leron.

Un saúdo e obrigad@s pola vosa asistencia!!!

III ROTEIRO Á LUZ DA LÚA

III Roteiro Músico-Poético á luz da lúa
7 - Agosto - 2009
Saída de Cadeiras ás 11 da noite (para tomar uns pinchos ás 9 e media da noite en Cadeiras é preciso anotarse antes do 5 de agosto).

Visitaremos...


- Pena da Virxe de Cadeiras (Pinol).
- Castro de San Marcos (Arxemil).
- Muíño no Xabrega.
- Fervenza dos Chancís.

Haberá música e poesía, ao gusto dos asistentes, que poderán ler os poemas que desexen, contar un conto, explicar algo...
Este ano, adicámolo a Uxío Novoneyra (X cabodano da súa morte) e Manuel María (V cabodano).

FOTOS DA VISITA AOS CASTROS

* En breve estará a disposición na web un folletiño con fotos sobre os castros de Sober. A partir do 10 de Setembro pode reservarse un exemplar en papel.